Edwin Chota
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1962 Pucallpa, Perú |
Morte | 8 de setembro de 2014 (51/52 anos) |
Grupo étnico | Pobo asháninka |
Actividade | |
Ocupación | ecoloxista, líder amerindio |
Edwin Chota Valera, nado en 1962 e finado o 8 de setembro de 2014, foi un activista ambiental peruano, líder asháninka e presidente da comunidade Nativa Alto Tamaya – Saweto na rexión de Ucayali no Perú.[1] Loitou polo recoñecemento legal do territorio da súa comunidade e contra a talla ilegal nos bosques amazónicos.[2] Foi asasinado o 1 de setembro de 2014 xunto a outros 3 membros da súa comunidade por traficantes de madeira.[3]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Chota naceu en Pucallpa na Amazonía peruana en 1962. O seu pai foi Alberto Chota Tenazoa. Foi o maior dos seus cinco irmáns.[4] En 1999, logo de traballar como electricista na súa cidade natal, migrou á comunidade asháninka de Saweto.[5]
O ano 2003 a súa comunidade, Saweto, foi recoñecida como comunidade nativa Alto Tamaya e Edwin Chota elixido xefe da comunidade e o seu representante legal.[6][7]
En 2009, Chota foi elixido vicepresidente da Organización Regional Aidesep Ucayali (ORAU) nun congreso realizado polos representantes das federacións indíxenas da rexión Ucayali.[8]
Cando foi asasinado, a súa muller Julia Pérez atopábase con 7 meses de xestación. Con Edwin Chota tivo tres fillos.[9]
Loita contra a talla ilegal
[editar | editar a fonte]En xaneiro de 2002, durante o goberno de Alejandro Toledo, o estado do Perú a través da Resolución Ministerial n. 026-2002-AG demarcou catro millóns de hectáreas de bosques tropicais da Amazonía baixa en Ucayali para o aproveitamento de empresas madeireiras. Dentro desta demarcación territorial realizada polo goberno peruano, atopábanse as terras da comunidade nativa asháninka de Saweto no alto Tamaya, na fronteira co Brasil.[10]
A resolución do 2002 propiciou un conflito socioambiental entre a comunidade de Saweto, os madeireiros formais e os ilegais. Edwin Chota foi un dos líderes indíxenas que buscou a titulación do territorio comunal na oficina da Dirección Rexional de Agricultura de Ucayali.[11]
Desde o 2008, Edwin Chota e outros líderes comunais, denunciaron ás mafias da madeira na fronteira do Perú e o Brasil ante o Poder Xudicial e Goberno Rexional de Ucayali pero ningún organismo público ordenou unha intervención fiscal na zona.[12][13]
Nun vídeo de 2013, Chota anunciou que a súa vida se atopaba ameazada por traficantes de madeira ilegal. O 21 de maio de 2013, nunha entrevista para National Geographic, Chota declarou: Cinco meses despois, Chota foi asasinado xunto a outros tres membros da súa comunidade.[14]
Asasinato
[editar | editar a fonte]O 1 de setembro de 2014 Chota e outros tres dirixentes comunais —Jorge Ríos, Leoncio Quinticima, e Francisco Pinedo— foron asasinados a disparos por traficantes de madeira mentres protestaban pola extracción ilegal de caoba dentro dos límites xeográficos da súa comunidade.[15][16]
Nos 800 km² de terra da comunidade asháninka desenvólvese aproximadamente o 80 % da talla ilegal no Perú. Durante 13 anos, Chota loitara para que o goberno peruano recoñeza as reclamacións de terra da súa comunidade e acabar por fin coa talla ilegal.[16][17]
En resposta ao asasinato, a Asociación Interétnica de Desenvolvemento da Selva Peruana (AIDESEP) expresou o seu malestar á policía e ao poder xudicial por non facer nada en absoluto para protexer os homes, a pesar de recibir queixas e informes de ameazas de morte na súa contra.[17] AIDESEP tamén fixo unha chamada ao goberno peruano para facer máis para protexer aos pobos indíxenas das organizacións criminais.[18]
O 30 de xaneiro de 2015, o goberno rexional de Ucayali e o goberno do Perú concederon a titulación de terras ao Saweto comunitario confirmando a súa propiedade da terra.[19][20]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Staff, Reuters (2014-09-09). "Peru investigates the apparent murder of four environmental activists". Reuters (en inglés). Consultado o 2020-10-24.
- ↑ Villegas Kau, Diego (2014-11-05). "Recordando a Edwin Chota" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2020. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ "Cinco años después: asesinato de cuatro líderes indígenas de Saweto sigue impune" (en castelán). 6 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ PERÚ, NOTICIAS EL COMERCIO (2018-12-06). "Edwin Chota y su lucha contra la tala ilegal en la comunidad amazónica de Saweto, por Joseph Zárate | SOMOS" (en castelán). Consultado o 2020-10-24.
- ↑ "The Man Who Chose the Forest, and Died For It". 27 de febreiro de 2015. Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2021. Consultado o 2020-10-31.
- ↑ Osorio (2018): 150.
- ↑ "Alto Tamaya - Saweto | BDPI". Consultado o 2020-10-24.
- ↑ Osorio, Mario L. (2018): 163.
- ↑ "Perú: miedo y olvido en Saweto" (en castelán). 2019-04-23. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ Osorio (2018): 157.
- ↑ Osorio (2018): 158.
- ↑ "Cinco años después: asesinato de cuatro líderes indígenas de Saweto sigue impune" (en castelán). 6 de febreiro de 2020. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ Luna, Nelly (2020-02-03). "Saweto: La violencia de la impunidad en la Amazonía" (en castelán). Consultado o 2020-10-24.
- ↑ Mirada, Otra (2014-09-18). "La muerte anunciada y el Estado sordo". Consultado o 2020-10-24.
- ↑ "Quadruple Homicide in Peruvian Amazon Puts Criminal Logging in Spotlight" (en inglés). 2014-09-12. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ 16,0 16,1 "The Man Who Chose the Forest, and Died For It". Arquivado dende o orixinal o 07 de maio de 2021. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ 17,0 17,1 "Critic of illegal logging in Peru slain". 9 de setembro de 2014. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ "Illegal loggers blamed for murder of Peru forest campaigner" (en inglés). 2014-09-09. Consultado o 2020-10-24.
- ↑ EC, Redacción (2015-01-29). "Comunidad de Saweto tendrá título de propiedad luego de 12 años" (en castelán). Consultado o 2018-10-31.
- ↑ Ojeda, Hillary (2015-01-29). "Saweto community of late Edwin Chota to win land rights" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de abril de 2019. Consultado o 2020-10-24.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Osorio, Mario L. (2018-12-01). "Viviendo bien, muriendo mal: Los Ashéninka del Alto Tamaya en la frontera de la Amazonía peruana con Brasil" (en castelán) (II): 141–171. ISSN 0102-4302. doi:10.4000/aa.3223.