Paul McAuley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul McAuley
Nacemento29 de outubro de 1947
Lugar de nacementoPortsmouth
Falecemento2 de abril de 2019
Lugar de falecementoIquitos
NacionalidadeReino Unido
RelixiónIgrexa católica
Ocupaciónxornalista radiofónico, educador, misioneiro e ecoloxista
PremiosEsteban Campodónico Award e membro da Orde do Imperio Británico
editar datos en Wikidata ]

Paul McAuley, tamén coñecido como o Irmán Paul, nado en Portsmouth, South East England, Inglaterra, o 29 de outubro de 1947 e finado en Iquitos, Maynas, Loreto, o 2 de abril de 2019, foi un relixioso e misioneiro católico dos Irmáns de La Salle e activista ambiental británico.[1] O 2 de abril de 2019 foi achado morto na comunidade estudantil intercultural "La Salle", en Iquitos, no distrito de Belén, Perú.[2] O seu cadáver foi achado queimado por estudantes da comunidade.[3][4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Paul McAuley naceu en Portsmouth, Inglaterra, o 29 de outubro de 1947.

Chegou ao Perú en 1991 e asumiu xunto ao irmán Juan José Salgas a posta en marcha do colexio Fe y Alegría N° 43 "La Salle", institución educativa fundada por un grupo de poboadores do asentamento humano «Luís Felipe de las Casas» do sector denominado El Zapallal, no distrito de Ventanilla da cidade de Lima. O proxecto educativo foi o resultado dun convenio entre a organización Fe y Alegría e o Instituto dos Irmáns das Escolas Cristiás con apoio económico da cooperación internacional.[5]

A experiencia do colexio en educación ambiental foi e segue sendo obxecto de estudo en varias universidades do país.[5][6][7]

Trasladouse á amazonía peruana no 2000 para apoiar ás comunidades nativas.[8] No 2004 fundou a Red Ambiental Loretana (RAL) dedicada á defensa ambiental e ao desenvolvemento local e comunitario.[9][10]

O 11 de xuño de 2010, a partir dunha resolución do Ministerio do Interior, o goberno peruano durante a presidencia de Alan García decidiu cancelarlle a residencia debido á súa defensa dos dereitos indíxenas e do medio ambiente.[11] Organizacións como a Sociedad Peruana de Derecho Ambiental (SPDA), a Coordinadora Nacional de Derechos Humanos (CNDDHH), Amnistía Internacional e Asociación Pro Derechos Humanos (APRODEH), entre outras, saíron en defensa do misioneiro rexeitando a expulsión.[12][13][14] A resolución ministerial foi suspendida o 7 de xullo polo Primeiro Xulgado Civil de Maynas.[15] Nese entón, o irmán Paul McAuley díxolle á BBC:[16]   Foi atopado morto, o corpo calcinado, a mañá do 2 de abril de 2019 por estudantes da comunidade "La Salle".[17] A Conferencia Episcopal Peruana solicitou ás autoridades peruanas investigar a súa morte e achar aos responsables.[18] Julia Urrunaga, a directora da Axencia de Investigación Ambiental (EIA, por Environmental Investigation Agency en inglés), unha ONG británica dedicada a investigar e facer campañas contra os abusos e crimes ambientais, lamentou a morte de Paul McAuley, expresándose da seguinte maneira:[19]

O 4 de abril de 2019, o doutor Francisco Moreno, xefe de medicina forense en Loreto, declarou que non se atoparon evidencias de dióxido de carbono no sangue do corpo descartándose a posibilidade de que a causa da morte fose por incineración.[20][21]

Latinoamérica é considerada a rexión máis perigosa para os defensores ambientais e en 2014 Perú ocupou o cuarto lugar como país máis perigoso para un defensor ambiental.[22][23][24]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Reglas Comunes de los Hermanos de las Escuelas Cristianas" (PDF). Roma: Instituto de los Hermanos de las Escuelas Cristianas – La Salle. 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2013. Consultado o 7 de abril de 2019. 
  2. "Se investiga la muerte de un misionero activista por los indígenas y el medio ambiente en Perú Se investiga la muerte de un misionero activista por los indígenas y el medio ambiente en Perú". Madrid. COPE. 3 de abril de 2019. Consultado o 3 de abril de 2019. 
  3. "Hallan muerto y quemado en Perú al ambientalista británico Paul McAuley". BBC Mundo. 3 de abril de 2019. Consultado o 4 de abril de 2019. 
  4. "Conferencia Episcopal Peruana lamenta fallecimiento del religioso británico Paul McAuley en Iquitos". Lima: Conferencia Episcopal Peruana. Consultado o 4 de abril de 2019. 
  5. 5,0 5,1 Velarde, Mauricio Zeballos (28 de marzo de 2008). "La educación ambiental y la calidad de vida en la escuela. La experiencia del Fe y Alegría 43-La Salle" (en castelán) 17 (33). ISSN 2304-4322. Consultado o 4 de abril de 2019. 
  6. Colugna, Tavera; Oswaldo, Javier (2018). "Un bosque de protección al servicio de una ciudad". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 4 de abril de 2019. 
  7. Pariona Arias, Andrea Gloria (2012). "“Educación ambiental sobre conservación del medio ambiente en alumnos del 5to de educación primaria en tres centros educativos, El Tambo - Huancayo.". Huancayo: Universidad Nacional del Centro. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 4 de abril de 2019. 
  8. "British activist found dead in Peru". BBC Mundo (en inglés). 3 de abril de 2019. Consultado o 4 de abril de 2019. 
  9. Carbajal, Daniel (2 de abril de 2019). "Iquitos: hallan muerto a religioso ambientalista Paul McAuley" (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2019. 
  10. PERÚ, Empresa Peruana de Servicios Editoriales S. A. EDITORA. "Conferencia Episcopal lamenta muerte del religioso Paul McAuley" (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2019. 
  11. AP, Agencia (2 de abril de 2019). "Hallan muerto a religioso ambientalista británico en Perú" (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2019. 
  12. "Solidaridad con el hermano Paul McAuley" (en castelán). 5 de xullo de 2010. Consultado o 4 de abril de 2019. 
  13. "Rechazamos arbitraria expulsión del país del religioso Paul McAuley, defensor de derechos humanos y del medio ambiente | Coordinadora Nacional de Derechos Humanos – Perú". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 4 de abril de 2019. 
  14. Rivas, Carmen Rosa Solís (11 de outubro de 2011). "Perú: Paul McAuley, un sacerdote británico defendiendo la Amazonía · Global Voices en Español" (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2019. 
  15. "Perú: Crece protesta contra expulsión del padre Paul Mc Auley | Servindi - Servicios de Comunicación Intercultural". Consultado o 4 de abril de 2019. 
  16. Collyns, Dan (3 de abril de 2019). "Paul McAuley: British environmental activist found dead in Peru". BBC (en inglés). Consultado o 8 de abril de 2019. 
  17. "Paul McAuley: hallan muerto a fundador de Red Ambiental Loretana | Servindi - Servicios de Comunicación Intercultural". Consultado o 4 de abril de 2019. 
  18. "CEP pide esclarecer motivos del fallecimiento del Hno. McAuley - Vatican News" (en castelán). 3 de abril de 2019. Consultado o 4 de abril de 2019. 
  19. Collyns, Dan (4 de abril de 2019). "Peru: British environmental activist was dead before his body was burned". The Guardian. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  20. "Hallan muerto y quemado al misionero y activista medioambiental británico Paul McAuley" (en castelán). 5 de abril de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  21. Briceno, Franklin (4 de abril de 2019). "Peru: British environmentalist was dead when he was burned". The Washington Post. Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 5 de abril de 2019. 
  22. "La muerte de Paul McAuley y la situación de los defensores ambientales en el país" (en castelán). 8 de abril de 2019. Consultado o 9 de abril de 2019. 
  23. "Asesinatos, acaparamientos de tierra y la industria maderera de Perú | Global Witness". Consultado o 9 de abril de 2019. 
  24. "El Perú es un país peligroso para los defensores del medio ambiente". 19 de novembro de 2014. Consultado o 9 de abril de 2019. 
  25. "Hno. Paul McAuley" (en castelán). Consultado o 4 de abril de 2019. 
  26. "Editorial: Will No-One Rid Me of These Turbulent Priests? - Article - Peru Support Group". Arquivado dende o orixinal o 04 de abril de 2019. Consultado o 4 de abril de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]