Edwin Arnold

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edwin Arnold
Nacemento10 de xuño de 1832, 10 de xuño de 1831 e 1832
Lugar de nacementoGravesend
Falecemento24 de marzo de 1904 e 1904
Lugar de falecementoLondres
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterUniversity College, King's College de Londres e King's School, Rochester
Ocupaciónxornalista, poeta, escritor, orientalista, editor literario e tradutor
CónxuxeTama Kurokawa, Catherine Elizabeth Biddulph e Frances Maria Adelaide Channing
FillosWilliam Channing Arnold e Edwin Lester Arnold
IrmánsArthur Arnold e George Matthews Arnold
Coñecido porThe Light of Asia
PremiosCompanion of the Order of the Star of India e Knight Commander of the Order of the Indian Empire
Na rede
Musicbrainz: 6368aa20-7ca1-4db7-9735-557ed74d6dca IMSLP: Category:Arnold,_Edwin Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Edwin Arnold, nado en Gravesend o 10 de xuño de 1832 e finado o 24 de marzo de 1904, foi un xornalista e escritor británico.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formou parte da dirección do Daily Telegraph, e foi un dos que máis apoiou, cos propietarios do seu periódico e o New York Herald, a viaxe de Stanley a África para descubrir o curso do río Congo, en agradecemento Stanley deulle o seu nome a unha montaña. Arnold foi tamén o primeiro que tivo a idea dunha liña de ferrocarril que atravesase o continente africano e o primeiro en empregar a frase, en 1874, "Cape to Cairo railway" (Ferrocarril de Cidade do Cabo a O Cairo), popularizada posteriormente por Cecil Rhodes.

A súa principal obra The Light of Asia (1879), unha epopea india, na que versifica a vida e ensinanzas de Buda, tivo un inmediato éxito en Gran Bretaña e os Estados Unidos.