Saltar ao contido

Edward J. Steele

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaEdward J. Steele

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento27 de outubro de 1948 Editar o valor em Wikidata (75 anos)
Darwin, Australia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAustralia Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Adelaide (pt) Traducir - Doutor en filosofía (1971–1975) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónimmunólogo , investigador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Wollongong (pt) Traducir (1985–2001) Editar o valor em Wikidata


Edward J. Steele, tamén coñecido como "Ted" Steele, é un inmunólogo molecular australiano con intereses en viroloxía e evolución. É un investigador asociado honorario na C.Y.O'Connor ERADE Village Foundation de Piara Waters, Australia Occidental.

Intereses científicos

[editar | editar a fonte]

Steele presentou a hipótese dun mecanismo da hipermutación somática baseado no ARN/transcrición inversa. Considérase como un tipo de neolamarckismo.[1][2][3]

A hipótese de Steele suporía o primeiro mecanismo que serviría para explicar a evolución lamarckista: cando se produce un cambio con éxito nas células somáticas debido a cambios ambientais, copias do abundante ARN mensaxeiro novo que foron producidas polas células que tiveron éxito son collidas por retrovirus inofensivos que actúan como lanzadeiras de xenes e son transportados a través da barreira tisular –a barreira de Weismann– á liña xerminal. Finalmente, a nova información xenética é integrada no ADN por un proceso no que se utilza a transcrición inversa. Este proceso de escribir ou trasladar nova información ao ADN proporciona o precursor esencial para que os cambios adquiridos poidan pasar á proxenie e ás seguintes xeracións, demostrado así unha herdanza lamarckista de caracteres adquiridos. A selección natural darwinista despois actúa sobre a proxenie e as seguintes xeracións: aqueles máis adaptados para sobrevivir farano e os que non o están desaparecen. Esta recombinación das teorías de Darwin e Lamarck feita por Steele foi denominada metalamarckismo.[4]

Durante as décadas de 1980 e 1990, Steele chocou coa corrente científica principal, especialmente no Reino Unido, debido á súa hipótese e ao seu apoio a que Lamarck tivese un lugr na ciencia moderna. Steele afirmara publicamente nunha entrevista ao programa da ABC Lateline que as súas polémicas teorías tiveran un forte impacto na súa carreira: "Ser etiquetado como herético e paria significa que a miña carreira para seguir facendo investigacións nesta área estaba extremadamente limitada."[5]

De 2010 a 2018, Steele continuou explorando a transcrición inversa e a panspermia como mecanismo para explicar a aparición na Terra de retrovirus complexos de liñas de vertebrados que foi datada en ou xusto antes da Explosión cámbrica de hai ~500 millóns de anos.[6] Isto tamén foi moi discutido.[7]

Despido e disputa laboral

[editar | editar a fonte]

En xaneiro de 2001, Steele fixo varias alegacións aos medios de comunicación sobre a cualificación "branda" (esixencia de estándares máis baixos) dos estudantes internacionais que pagaban matrícula completa.[8] Steele foi rapidamente despedido polo vicechanceler (~vicerreitor) da Universidade de Wollongong Gerard Sutton, que afirmou que a reputación da universidade fora "colocada nun grave e inminente risco como resultado das afirmacións do profesor asociado Steele." Steele declarou que o seu despido era inxusto e iniciou procedementos legais contra esa medida. O caso recibiu moita atención por parte dos medios de comunicación.[9]

En agosto de 2001, a Corte Federal de Australia decidiu que a Universidade de Wollongong rompera o seu acordo de empresa cos empregados ao non seguir os procedementos de conduta correcta e de despido no caso de Steele. Despois do veredito Steele expresou publicamente que quería volver ao seu traballo.[10]

O 5 de abril de 2002 o vicechanceler accedeu ás demandas do sindicato do ensino NTEU e reincorporou a Steele ao seu posto no Departamento de Ciencias Biolóxicas da Universidade de Wollongong. Fíxose público que a reintegración de Steele era incondicional e supoñia pagar os atrasos. A presidenta do sindicato anunciou a importancia da vitoria e do precedente que o tribunal establecera e que isto era fundamental para a protección da liberdade intelectual nas universidades australianas e que non se pode despedir ao persoal sen unha axeitada e xusta audiencia.[11]

O despido inxusto quedou resolto finalmente cando o 6 de xullo de 2002 Steele e a Universidade de Wollongong chegaron a un acordo confidencial.

En 2020, Steele, xunto co investigador Nalin Chandra Wickramasinghe e outros, afirmaron en dez artigos científicos que o virus da COVID-19 fora traído do espazo por un meteorito observado como unha bóla de lume brillante sobre a cidade de Songyuan no noroeste da China o 11 de outubro de 2019, e que un fragmento do meteoro caeu na área de Wuhan, o cal foi o que fixo comezar os primeiros gromos de COVID-19 na China. Porén, os investigadores, incluíndo Steele, non proporcionaron ningunha evidencia directa que probe esta teoría.[12][12]

Publicacións seleccionadas

[editar | editar a fonte]
  • Steele, E.J.- Somatic Selection and Adaptive Evolution: On the Inheritance of Acquired Characters. 2ª edición. Revisada cun epílogo do autor, University of Chicago Press, Chicago, 1981.
  • Steele, E.J., Lindley, R.A. & Blanden, R.V. Lamarck's Signature: How retrogenes are changing Darwin's natural selection paradigm. Allen & Unwin, Frontiers of Science: Series Editor Paul Davies, Sidney, Australia, 1998. Nos EUA publicada por Addison-Wesley-Longman baixo a impresión de Perseus Book, Reading, MT, 1998
  • Honeywill, Ross - Lamarck's Evolution: two centuries of genius and jealousy. Pier 9 (Murdoch Books), Sidney. 2008
  1. The implications of Steele's soma-to-germline feedback for the safety of somatic gene therapy in humans
  2. Steele E. J. (2008). Reflections on the state of play in somatic hypermutation. Molecular immunology, 45(10), 2723–2726. https://doi.org/10.1016/j.molimm.2008.02.002
  3. Steele E. J. (2017). Reverse Transcriptase Mechanism of Somatic Hypermutation: 60 Years of Clonal Selection Theory. Frontiers in immunology, 8, 1611. https://doi.org/10.3389/fimmu.2017.01611
  4. Honeywill, Ross (2008). "ESSAY: The Case for Meta-Lamarckism – Lamarck's Evolution". Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  5. Jennifer Byrne, David Ransom (8 de outubro de 1998). "Rethinking Darwin". Lateline. Australian Broadcasting Corp. Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  6. Edward J. Steele, Shirwan Al-Mufti, Kenneth A. Augustyn, Rohana Chandrajith, John P. Coghlan, S.G. Coulson, Sudipto Ghosh, Mark Gillman, Reginald M. Gorczynski, Brig Klyce, Godfrey Louis, Kithsiri Mahanama, Keith R. Oliver, Julio Padron, Jiangwen Qu, John A. Schuster, W.E. Smith, Duane P. Snyder, Julian A. Steele, Brent J. Stewart, Robert Temple, Gensuke Tokoro, Christopher A. Tout, Alexander Unzicker, Milton Wainwright, Jamie Wallis, Daryl H. Wallis, Max K. Wallis, John Wetherall, D.T. Wickramasinghe, J.T. Wickramasinghe, N. Chandra Wickramasinghe, Yongsheng Liu. Cause of Cambrian Explosion - Terrestrial or Cosmic?. Progress in Biophysics and Molecular Biology. Volume 136. 2018. Páxinas 3-23. ISSN 0079-6107. https://doi.org/10.1016/j.pbiomolbio.2018.03.004. (https://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0079610718300798)
  7. Duggleby, Ronald. (2019). Commentary: Numerical analysis of Steele et al.: Cause of cambrian explosion -terrestrial or cosmic?. Progress in Biophysics and Molecular Biology. 141.
  8. Brian Martin. Dilemmas of defending dissent: the dismissal of Ted Steele from the University of Wollongong. Publicada en Australian Universities' Review, volume 45, número 2, 2002, pp. 7-17.
  9. When dollars do all the talking - "The sacking of an academic suggests that commercial issues outweigh free speech" The Australian, 18 de abril de 2001, p. 35 (Brian Martin)[1]
  10. Story from ABC News
  11. "Ted Steele reinstated - University of Wollongong finally comes to its senses NTEU archives". Arquivado dende o orixinal o 2007-09-07. Consultado o 2007-08-13. 
  12. 12,0 12,1 "Wild theory suggests COVID-19 came to Earth aboard a space rock". Astronomy.com. 2020-08-31. Consultado o 2021-03-29. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Aban Contractor (28 de febreiro de 2002). "Axed academic treated 'worse than murderer'". The Sydney Morning Herald (Sydney, Australia: Fairfax Media). Arquivado dende o orixinal o 2002-02-28. Consultado o 2015-11-01. 
  • Roger Lewin. (1981). Lamarck Will not Lie down. Science, New Series, Vol. 213, No. 4505. pp. 316–321.
  • Michael B. Moll. (1983). Somatic Selection and Adaptive Evolution by E. J. Steele. The American Biology Teacher, Vol. 45, No. 3. pp. 174–175.
  • Eric Nisbet-Brown and Thomas G. Wegmann. (1981). Is Acquired Immunological Tolerance Genetically Transmissible?. Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America, Vol. 78, No. 9. pp. 5826–5828.
  • G. Lawrence Vankin. (1981). Somatic Selection and Adaptive Evolution: On the Inheritance of Acquired Characters by E. J. Steele . Systematic Zoology, Vol. 30, No. 1. pp. 111–115.