Barreira de Weismann
A barreira de Weismann é un concepto proposto por August Weismann a finais do século XIX que consiste en facer unha estritra distinción en canto á capacidade de herdar os xenes entre a liñaxe das células xerminais "immortais" que producen gametos e as células somáticas "desbotables", e está en contraste co mecanismo de herdanza da panxénese proposto por Charles Darwin.[1][2] En terminoloxía máis precisa, a información hereditaria pasa só desde as células xerminais ás células somáticas, é dicir, as mutacións somáticas non se herdan.[3] Isto non se refire ao chamado dogma central da bioloxía molecular, formulado no século XX, que afirma que ningunha información secuencial pode pasar desde as proteínas ao ADN ou ARN, pero ambas as hipóteses teñen unha visión da vida centrada nos xenes.[4]
Weismann desenvolveu este concepto no seu libro de 1892 Das Keimplasma: eine Theorie der Vererbung (O plasma xerminal: unha teoría da herdanza).[5]
A barreira de Weismann foi de grande importancia no seu momento e entre outras influencias que tivo contribuíu a desterrar certos conceptos lamarckistas: en concreto, facía que a herdanza lamarckista dos cambios producidos no corpo (o soma) fose difícil ou imposible.[6] Segue sendo importante, pero necesitou ser cualificada á luz do coñecemento moderno da transferencia horizontal de xenes e algúns outros desenvolvementos xenéticos e histolóxicos.[7] O uso desta teoría, xeralmente no contexto da teoría do plasma xerminal de finais do século XIX, antes do desenvolvemento de conceptos xenéticos máis sofisticados e máis fundamentados a inicios do século XX, denomínase ás veces weismannismo.[8] Algúns autores denominan desenvolvemento weismannista (sexa este preformista ou epixenético) a aquel no que hai unha liña xerminal claramente definida, e diferente da embrioxénese somática.[9] Este tipo de desenvolvemento está correlacionado coa evolución da morte que se produciu na liña somática.
Plantas e animais basais
[editar | editar a fonte]Nas plantas, os cambios xenéticos na liña somática poden orixinar cambios nas liñas xerminais, porque as liñas xerminais orixínanse a partir de liñas somáticas (meristemas vexetativos), que poden chegar a ser o bastante vellos (de moitos anos) como para acumular mutacións múltiples desde a xerminación da semente, algunhas delas suxeitas a selección natural.[10] Igualmente, os animais basais como as esponxas (Porifera) e os corais (Anthozoa) conteñen liñas de células nai multipotentes, que dan lugar tanto a células somáticas coma reprodutoras. Tendo en conta isto, parece que a barreira de Weismann ten unha orixe evolutiva posterior.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Geison, G. L. (1969). "Darwin and heredity: The evolution of his hypothesis of pangenesis". J Hist Med Allied Sci XXIV (4): 375–411. doi:10.1093/jhmas/XXIV.4.375.
- ↑ You, Yawen (26 January 2015). "The Germ-Plasm: a Theory of Heredity (1893), by August Weismann". The Embryo Project Encyclopedia (Arizona State University). Consultado o 7 September 2018.
- ↑ Gauthier, Peter (March–May 1990). "Does Weismann's Experiment Constitute a Refutation of the Lamarckian Hypothesis?". BIOS 61 (1/2): 6–8. JSTOR 4608123.
- ↑ De Tiege, Alexis; Tanghe, Koen; Braeckman, Johan; Van de Peer, Yves (January 2014). "From DNA- to NA-centrism and the conditions for gene-centrism revisited". Biology & Philosophy 29 (1): 55–69.
- ↑ Weismann, August (1892). Das Keimplasma: eine Theorie der Vererbung. Jena: Fischer.
- ↑ Romanes, George John (1893). An examination of Weismannism. Open Court.
- ↑ Lindley, Robyn A. "How Mutational and Epigenetic Changes Enable Adaptive Evolution". G. I. T. Laboratory Journal. Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2011. Consultado o 10 de outubro de 2018.
- ↑ Romanes, George John (1893). An examination of Weismannism. Chicago: Open court.
- ↑ Ridley, Mark (2004). Evolution (3rd ed.). Blackwell. pp. 295–297.
- ↑ Whitham, T.G.; Slobodchikoff, C.N. (1981). "Evolution by individuals, plant-herbivore interactions, and mosaics of genetic variability: The adaptive significance of somatic mutations in plants". Oecologia 49: 287–292. doi:10.1007/BF00347587.
- ↑ Radzvilavicius, Arunas L.; Hadjivasiliou, Zena; Pomiankowski, Andrew; Lane, Nick (2016-12-20). "Selection for Mitochondrial Quality Drives Evolution of the Germline". PLOS Biology 14 (12): e2000410. ISSN 1545-7885. PMC 5172535. PMID 27997535. doi:10.1371/journal.pbio.2000410.