Edroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Edroso (Hedroso en castelán e oficialmente) é unha localidade española do concello de Lubián, na provincia de Zamora (Castela e León).[1]

Atópase situado na bisbarra de Sanabria, e dentro dela na chamada sub-bisbarra das Portelas. É unha das poucas localidades bilingues da provincia de Zamora, pois os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.[2]

Situado nunha zona de terreo escarpado e de vexetación frondosa, especialmente de castiñeiros e nogueiras. As súas edificacións contan coa típica arquitectura popular sanabresa, sendo a igrexa parroquial o seu inmoble máis importante.[3]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Lubián". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 07 de agosto de 2013. 
  2. "Cultura de Lubián". Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2014. Consultado o 07 de agosto de 2013. 
  3. "Lubián segundo O Norte de Castela". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 07 de agosto de 2013. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.