Saltar ao contido

Economía de Albania

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Albania
Moeda Lek albanés
Organizacións comerciais de que fai parte OMC
Datos estatísticos[1]
PIB 23,33 mil millóns (2010)
Posición do PIB 118ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 3,1% (2010)
PIB per cápita $ 7,400 (2010)
PIB por sector agricultura 18,9%, industria 23,5%, comercio e servizos 57,6% (2010)
Inflación 3,6% (2010)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 1,06 millóns (2010)
Forza de traballo por sector agricultura 47,8%, industria 23%, comercio e servizos 29,2% (2010)
Desemprego 13,5% (2010)
Industrias procesamento de alimentos, téxtiles e roupas, madeira, petróleo, cemento, produtos químicos, minería, metais básicos, enerxía hidroeléctrica
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 1,55 mil millóns (2010)
Produtos de exportación téxtiles e calzados, asfalto, metais e minerais metálicos, petróleo bruto, legumes, froitas, tabaco
Principais mercados Italia 50,8%, Kosovo 6,2%, Turquía 5,9%, Grecia 5,4%, República Popular da China 5,5% (2010)
Importacións 4,59 mil millóns (2010)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, alimentos, téxtiles, produtos químicos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 2,81 mil millóns (2009)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

En 1985, Albania iniciou tímidas reformas estruturais para pasar dun réxime de economía comunista centralizado e estatizado a un sistema capitalista ao modelo europeo. O programa de reforma económicas intensificouse en 1992 trala eleccións libres que deron punto e final ao modelo económico anterior. As accións de liberalización centráronse en:

Aínda hoxe, a Albania é un dos países máis pobres de Europa, coa metade da poboación activa traballando na agricultura e un quinto traballando no estranxeiro. A súa transición a unha economía moderna ten sido máis difícil que seus outros veciños dos Balcáns. O crecemento económico nos últimos anos ten sido en media 5% ao ano, e a inflación encóntrase baixa e estable.[1]

O goberno ten tomado medidas para combater os crimes violentos e recentemente adoptou medidas para reducir a economía informal e atraer o investimento[1]. O país enfróntase tamén a un alto desemprego e corrupción até nos niveis máis altos do goberno.

O seu total de exportacións é moi inferior en valor que o total das súas importacións. Os principais parceiros comerciais son Grecia e Italia.

  1. 1,0 1,1 1,2 The World Factbook. Consultado o 28 de abril de 2011
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).