Economía de Eslovenia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Economía de Eslovenia
Moeda Euro
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Unión Europea, OCDE, OSCE
Datos estatísticos[1]
PIB 58,06 mil millóns (2012)
Posición do PIB 90ª no mundo[2]
Crecemento do PIB -2% (2012)
PIB per cápita 28 600 (2012)
PIB por sector agricultura 2,7%, industria 27,6%, servizos 69,7% (2012)
Inflación 2,6% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 923.000 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 2,2%, industria 35%, servizos 62,8% (2009)
Desemprego 11,9% (2012)
Industrias siderurxia e produtos de aluminio, chumbo e fundición de cinc; electrónicos (incluíndo electrónicos militares), camións, automóbiles, equipamentos de enerxía eléctrica, produtos de madeira, téxtiles, produtos químicos, máquinas-ferramentas
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 28,42 mil millóns (2012)
Produtos de exportación manufacturados, máquinas e equipamentos de transporte, produtos químicos, alimentos
Principais mercados Alemaña 19,9%, Italia 11,9%, Austria 7,7%, Croacia 6,4%, Francia 5,7%, Hungría 4% (2011)
Importacións 29,83 mil millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos de transporte, produtos manufacturados, produtos químicos, combustibles e lubrificantes, alimentos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 61,23 mil millóns (2012)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible

Eslovenia posúe a economía máis próspera de tódolos estados membros que se uniron á Unión Europea no 2004 e no 2007, cun PIB per cápita de 23.250$ no 2006. A relativamente alta inflación do país caeu do 3.,6% no 2004 ó 2,3% no 2006, sendo hoxe en día comparable á de tódolos países membros. Nos últimos anos a economía de Eslovenia comezou a medrar cun ritmo moito máis forte (5,2% nos primeiros 9 meses do 2006, 4.0% no 2005, 4.4% no 2006 e 4.8% no 2007 segundo estimacións), do que o facía no 2003 (2,7%).

Durante o 2000, seguiron tendo lugar as privatizacións nos eidos da banca, telecomunicacións, e servizos públicos. As restricións dos investimentos estranxeiros estanse a desmantelar, agárdase que o investimento estranxeiro (FDI) medre nos próximos anos. Eslovenia é o único dos 12 novos membros que adoptou o Euro, o 1 de xaneiro do 2007, e foi ademais o primeiro novo membro en ter a Presidencia do Consello da Unión Europea, concretamente na primeira metade do 2008.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 24 de abril de 2020. Consultado o 9 de abril de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).