EMLYON Business School

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Logo da escola.

A EMLYON Business School é unha escola de negocios con vocación internacional, con campus propios en París, Lión, Saint-Étienne e Casablanca[1], así como outros asociados en Shanghai.

Descrición[editar | editar a fonte]

Esta institución, fundada en 1872, é unha das máis antiga escola de negocios do mundo. Imparte unha treintena de programas formativos -entre másters, MBA e formación para altos directivos- que contan coa tripla acreditación internacional de EQUIS, AACSB e AMBA[2]. Defínese como a escola de negocios para Europa e está recoñecida como unha das mellores business school do mundo en formación de directivos, segundo revela o último ránking de escolas de negocios de Financial Times[3].

A escola, cunha rede de 26.000 antigos alumnos en 107 países e un claustro de mestres internacional e plurilingüe, recibe anualmente ao redor de 3.300 estudantes procedentes de 80 nacionalidades.

Notas[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]