Saltar ao contido

Dylan Walsh

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaDylan Walsh
Biografía
Nacemento(en) Charles Hunter Walsh Editar o valor en Wikidata
17 de novembro de 1963 Editar o valor en Wikidata (60 anos)
Os Ánxeles, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Outros nomesDylan Walsh Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Virxinia
Annandale High School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor, actor de televisión, actor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1987 Editar o valor en Wikidata -
Familia
CónxuxeJoanna Going (2004–2012)
Melora Walters (1996–2003) Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0909620 Allocine: 22302 Rottentomatoes: celebrity/dylan_walsh Allmovie: p74441 BNE: XX1176229 Editar o valor en Wikidata

Dylan Walsh, nado nos Ánxeles o 17 de novembro de 1963, é un actor estadounidense, coñecido como o Dr. Sean McNamara na serie Nip/Tuck.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Charles M. Walsh naceu o 17 de novembro de 1963 nos Ánxeles, California. Os seus pais traballaron no Servizo Exterior dos Estados Unidos, e Walsh viviu en África Oriental, India e Indonesia até antes dos dez anos. A súa familia regresou aos Estados Unidos e instaláronse en Virxinia, onde Walsh empezou a actuar na secundaria. Graduouse na Universidade de Virxinia en 1986 cun título en inglés. Despois de graduarse, Walsh mudouse á cidade de Nova York para actuar como profesional.

A primeira interpretación de Walsh foi nunha película para a televisión chamada Soldier Boys con James Earl Jones. Despois tivo un papel na película Loverboy e un papel regular na serie televisiva Kate & Allie. En 1989, empezou a usar o nome 'Dylan Walsh' profesionalmente. Continuou traballando en películas como Betsy's Wedding, Congo, e facendo do fillo do personaxe interpretado por Paul Newman, en Nobody's fool, así como facendo aparicións en televisión en series como Brooklyn South, The Twilight Zone e Everwood.

En 2003, Walsh interpretou o papel de Sean McNamara na serie televisiva Nip/Tuck, tras ser abordado polo creador de series Ryan Murphy nunha cafetaría. Murphy acordouse del polo seu papel en Nobody's fool e nunha película de televisión.

O 12 de novembro de 2007, anunciouse que Walsh protagonizaría o remake de The Stepfather, revivindo o famoso personaxe que interpretou Terry O'Quinn. A produción da película empezou en 2008 e foi estreada en outubro de 2009.

Actualmente, realiza un drama policíaco da cadea CBS protagonizado por Poppy Montgomery, Unforgettable. Interpreta o tenente Al Burns, que fora parella de Carrie cando traballaba no Departamento de Policía de Siracusa. Despois, en Nova York, deciden traballar xuntos para resolver casos.

Vida privada

[editar | editar a fonte]

Walsh estivo casado coa actriz Melora Walters desde 1996 até 2003. Xuntos teñen dous fillos, Joanna e Thomas. O 10 de outubro de 2004 contraeu matrimonio coa actriz Joanna Going, con quen ten unha filla, Stella Haven.

Filmografía

[editar | editar a fonte]
  • Kate & Allie (Serie de TV) como Ben
  • Chameleons (1989) (TV) como Stan
  • When We Were Young (1989) (TV) (como Charles Hunter Walsh) como Lee Jameson
  • Loverboy (1989) (como Charles Hunter Walsh) como Jory Talbot
  • Gabriel's Fire (1990) (Serie de TV) como Louis Klein
  • Betsy's Wedding (1990) como Jake Lovell
  • Where the Heart Is (1990) como Tom
  • Telling Secrets (1993) (TV) como Jesse Graham
  • Arctic Blue (1993) como Eric Desmond
  • Nobody's Fool (1994) como Peter Sullivan
  • Radio Inside (1994) como Michael Anderson
  • Congo (1995) como o doutor Peter Elliot
  • The Outer Limits como o sarxento Eldritch
  • Eden (1996) como Bill Kunen
  • Men (1997) como Teo Morrison
  • Brooklyn South (1997) (Serie de TV) como o axente de policía Jimmy Doyle
  • Divided by Hate (1997) (TV) como Louis Gibbs
  • Changing Habits (1997) como Felix Shepherd
  • The Almost Perfect Bank Robbery (1998) (TV) como Frank Syler
  • Chapter Zero (1999) como Adam Lazarus
  • Final Voyage (1999) como Aaron Carpenter
  • Jet Boy (2001) como Boon Palmer
  • Deadly Little Secrets (2001) como Cole Chamberlain
  • Débeda de sangue (2002) como o detective John Waller
  • Jo (2002) (TV)
  • Par 6 (2002) como Mac Hegelman
  • Power Play (2002) como Matt Nash
  • We Were Soldiers (2002) como o capitán Robert Edwards
  • The Twilight Zone (2002) (Serie de TV) como Adam
  • Presidio Med (2002) (Serie de TV) como Danny Gibson
  • More Than Meets the Eye: The Joan Brock Story (2003) (TV) como Jim Brock
  • The Lone Ranger (2003) (TV) como Kansas City Haas
  • Nip/Tuck (2003–2010) (Serie de TV) como o doutor Sean McNamara
  • Everwood (2003–2004) (Serie de TV) como Carl Feeney
  • Edmond (2005) como interrogador
  • Antebody (2005) como Jacob Ambro
  • A casa do lago (2006) como Morgan
  • Lost Holiday: The Jim and Suzanne Shemwell Story (2007) como Jim Shemwell
  • Just Add Water (2008) como Ray Tuckby
  • The Stepfather (2009) como o padrasto/David Harris/Grady Edwards
  • Secretariat (2010) como Jack Tweedy II
  • Unforgettable (2011) como o tenente Al Burns
  • Superman & Lois (2021, serie de televisión) como Samuel Lane

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]