Saltar ao contido

Dryophytes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dryophytes

Dryophytes versicolor
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Amphibia
Orde: Anura
Familia: Hylidae
Subfamilia: Hylinae
Xénero: Dryophytes
Fitzinger, 1843
Especies

Ver texto

Dryophytes é un xénero de ras arbóreas norteamericanas e asiáticas da familia Hylidae. A maior parte das especies encóntranse en América do Norte, pero tamén hai algunhas especies deste xénero no leste de Asia.[1] Durante moito tempo clasificáronse no xénero Hyla.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Dryophytes está formado por especies de ras que viven normalmente nas árbores, xeralmente de cor verde ou gris. Teñen dedos que acaban en discos expandidos, o que lles permite agarrarse ben ás superficies das árbores.[1][2]

Estas ras arbóreas encóntranse en zonas húmidas dentro do seu rango e en bosques temperados tanto en terra coma nas árbores.[3]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

O xénero describiuno primeiramente Fitzinger en 1843.[4] Despois foi situado dentro do xénero Hyla, por Boulenger en 1882.[4] Fouquette e Dubois en 2014, trataron Dryophytes como un subxénero de Hyla.[4] Porén, Dryophytes foi finalmente resucitado como xénero independente por Duellman et al. en 2016.[1][4][5][6]

As diferenzas que separan Dryophytes de Hyla son soamente xeográficas, máis que morfolóxicas. Hyla resérvase para especies que só viven no Vello Mundo, mentres que Dryophytes está distribuído en América do Norte, con tres especies adicionais na Asia do leste temperada, que son: D. immaculata, D. japonica e D. suweonensis.[1]

O xénero Dryophytes contén 20 especies.[1][7]

Dryophytes andersonii
Dryophytes cinereus
Dryophytes eximius, en Tamaulipas, México (27 de maio de 2005).
Nome binomial e autor
Dryophytes andersonii (Baird 1854)
Dryophytes aboricola (Taylor, 1941)
Dryophytes arenicolor (Cope, 1866)
Dryophytes avivocus (Viosca, 1928)
Dryophytes bocourti (Mocquard, 1899)
Dryophytes chrysoscelis (Cope, 1880)
Dryophytes cinereus (Schneider, 1799)
Dryophytes euphorbiaceus (Günther, 1858)
Dryophytes eximius (Baird 1854)
Dryophytes femoralis (Daudin, 1800)
Dryophytes flaviventris (Borzée e Min, 2019)
Dryophytes gratiosus (LeConte, 1856)
Dryophytes immaculatus (Boettger, 1888)
Dryophytes japonicus (Günther, 1859)
Dryophytes plicatus (Brocchi, 1877)
Dryophytes squirellus (Daudin, 1800)
Dryophytes suweonensis (Kuramoto, 1980)
Dryophytes versicolor (LeConte, 1825)
Dryophytes walkeri (Stuart, 1954)
Dryophytes wrightorum (Taylor, 1939)
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 Duellman, William; et al. (19 de abril de 2016). "Phylogenetics, classification, and biogeography of the treefrogs (Amphibia: Anura: Arboranae)". Zootaxa 4104 (1): 1–109. PMID 27394762. doi:10.11646/zootaxa.4104.1.1. 
  2. Live Science Staff (July 3, 2011). "Tree Frog's Sticky Secrets Revealed". livescience.com (en inglés). Consultado o 2019-12-23. 
  3. "Dryophytes - Genus". IUCN Red List of Threatened Species. Consultado o 2019-12-22. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Dryophytes Fitzinger, 1843". Amphibian Species of the World. 
  5. "AmphibiaWeb - Hyla versicolor". amphibiaweb.org. Taxonomic Notes. Consultado o 2019-12-22. 
  6. "AmphibiaWeb - Hylidae". amphibiaweb.org. Consultado o 2019-12-22. 
  7. "Dryophytes - Genus". IUCN Red List of Threatened Species. Consultado o 2019-12-22.