Dries Mertens
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 6 de maio de 1987 (37 anos) Lovaina, Bélxica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 169 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 61 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 2005 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Bélxica | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Extremo esquerdo | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 10 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2018 | Mundial de Fútbol Rusia 2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2016 | Eurocopa de Fútbol Francia 2016 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2014 | Mundial de Fútbol Brasil 2014 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Dries Mertens (AFI: [ˈdris ˈmɛrtə(n)s]), nado en Leuven, Brabante Flamengo, o 6 de maio de 1987, é un futbolista internacional belga que xoga como extremo para o SSC Napoli da Serie A italiana e para a selección de Bélxica.
En 2020 marcou o seu 122º gol co Napoli, converténdose no futbolista con máis goles na historia do club, superando ao eslovaco Marek Hamšík.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mertens comezou xogando ao fútbol sala no ZG Leuven, equipo da súa cidade natal, da primeira división belga. Posteriormente cambiou o futsal polo fútbol, comezando nas categorías inferiores do KAA Gent. Nese primeiro ano, foi subido ao primeiro equipo, aínda que non chegou a debutar, fichando en calidade de cedido polo Eendracht Aalst da Terceira División belga, onde foi galardoado polos fans como o home da tempada. Despois foi cedido de novo, esta vez ao AGOVV Apeldoorn da Eerste Divisie, segunda categoría do fútbol neerlandés, onde se converteu nun dos xogadores máis importantes da categoría e no capitán do seu equipo. Despois da tempada 2008-09, gañou o De Gouden Stier, un premio que se outorga ao talento máis grande da Jupiler Pro League. O 25 de maio de 2009 asinou un contrato co FC Utrecht.[2]
O 1 de agosto de 2009, fixo o seu debut na Eredivisie, máxima categoría do fútbol neerlandés, na vitoria 0-1 no partido inaugural contra o RKC Waalwijk. Dúas semanas despois, o 16 de agosto de 2009, anotaría os seus dous primeiros goles para o FC Utrecht nun partido contra o contra o VVV-Venlo. O 28 de xuño de 2011, trasladouse ao PSV Eindhoven da mesma categoría xunto co seu compañeiro Kevin Strootman, nun traspaso valorado nun total de 13 millóns de euros por ambos os xogadores. Dries Mertens anotou o seu primeiro hat-trick co PSV Eindhoven o 28 de agosto de 2011 contra o Excelsior Rotterdam. Tras dúas temporadas no club neerlandés anunciaríase o 22 de xuño de 2013 a súa fichaxe polo Napoli italiano, onde no seu primeiro ano xogaría 33 partidos anotando 11 goles.
Títulos
[editar | editar a fonte]Campionatos nacionais
[editar | editar a fonte]Título | Club | Liga | Ano |
---|---|---|---|
Copa Italia | SSC Napoli | Italia | 2014 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mertens supera a Hamsik como máximo goleador de la historia del Nápoles" (en castelán). 14 de xuño de 2020. Consultado o 17 de xuño de 2020.
- ↑ Coerts, Stefan (25 de maio de 2009). GOAL.com, ed. "Official: Utrecht Sign AGOVV Forward Dries Mertens" (en neerlandés). Consultado o 3 de xullo de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1987
- Nados na provincia do Brabante Flamengo
- Centrocampistas de fútbol
- Futbolistas de Bélxica
- Xogadores do KAA Gent
- Xogadores do AGOVV Apeldoorn
- Xogadores do FC Utrecht
- Xogadores do PSV Eindhoven
- Xogadores do SSC Napoli
- Xogadores da selección de fútbol de Bélxica
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2014
- Xogadores do Mundial de Fútbol de 2022