Dreucol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDreucol

SOS, obra de Dadi Dreucol en Valencia Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacementodécada de 1980 Editar o valor em Wikidata (34/44 anos)
Málaga Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
Outros nomesDreucol
Dadi Dreucol Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor , artista urbano Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webdadidreucol.com Editar o valor em Wikidata

Dadi Dreucol, ou simplemente Dreucol, nado en Málaga na década de 1980, é o pseudónimo dun artista urbano español activo desde 2007,[1] e de nome real descoñecido.

Biografía[editar | editar a fonte]

Fixo os primeiros graffitis aos doce anos, fascinado pola estética da pintura urbana.[2] Estudou Belas Artes en Valencia, onde se instalou durante varios anos, se ben logo regresou á súa cidade natal, Málaga.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

A súa serie de murais máis famosa, comezada en 2015, foi a protagonizada por un personaxe semiespido con barba, que representaba un individuo desvinculado de calquera norma ou marca e coa que quería romper coa orde establecida.[2] A serie reportoulle sona e un periplo de actuacións en festivais, así como intervencións en espazos públicos promovidas polas administracións[3].

En 2018 rompeu con esa traxectoria de representación subvencionada[3] e comezou unha serie de intervencións irónicas e máis políticas sobre o espazo urbano e a súa modificación, como grafitis e táboas que simulaban carteis de venda de predios[3], carteis pegados sobre muro coas letras de "non ao graffiti"[3], ou pintadas de "non pintar a persiana" sobre persianas[3] de establecementos.

Porén, a partir de 2022 comezou a borrar a súa obra, repintando espazos públicos con rolo e pintura de cores claras e planas, ou inserindo táboas pintadas de branco e arrodeadas de letras que, xuntas, dispuñan o seu nome artístico[4].

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Dadi Dreucol a Streetartbio
  2. 2,0 2,1 Dadi Dreucol, el grafitero desconocido nova no Diario Sur, 13/3/2013 (en castelán)
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 Gallardo, Ángel (2023-10-01). "Dreucol, el artista que se borra de la calle". Diario Sur (en castelán). Consultado o 2023-10-01. 
  4. "'Borrar el contenido' (2022), por D.Dreucol.". Diario Sur. Consultado o 1/10/2023. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]