Doutrina Hallstein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A Doutrina Hallstein, en honra de Walter Hallstein, era a doutrina que rexía na política exterior da República Federal Alemá, ou RFA, (tamén denominada Alemaña Occidental) entre 1955 e 1969.

Consonte esta doutrina, a RFA tiña o dereito exclusivo de representar internacionalmente a nación alemá, e exceptuando a Unión Soviética, a RFA non estabelecía nin mantiña relacións diplomàticas con ningún estado que recoñecese a soberanía da República Democràtica alemá, RDA, tamén chamada Alemaña Oriental. Tal doutrina é directamente comparábel con a política de Unha soa China da República popular chinesa a respecto de Taiwan.

O primeiro país ao que se aplicou esta medida foi Iugoslavia en 1957.

A Alemaña Oriental tentou evitar estas medidas abrindo relacións diplomáticas cos países da órbita soviètica e cos estados recentemente decolonizados do Terceiro Mundo.

A doutrina non foi nunca demasiado popular, nin sequer entre os aliados occidentais da RFA, sendo finalmente abandonada con a adopción da Ostpolitik polo Chanceler Willy Brandt, que finalmente levou ao mútuo recoñecemento entre ambas dúas Alemañas.