Nos seus comezos, Douban estaba aberta tanto a usuarios rexistrados como non rexistrados. Para aqueles, a páxina recomendaba libros, películas e música, ademais de funcionar como unha rede social ao estilo de WeChat ou Weibo. Para os non rexistrados, a páxina ofrece valoracións e recensións de obras.
A data de 2021, Douban conta con case 990 millóns de usuarios rexistrados, así como autores e críticos que empregan a web como páxina oficial.[4] A plataforma foi comparada con IMDb, Rotten Tomatoes ou Goodreads.[5][6][7]
Douban é empregada para discutir multitude de problemas sociais, polo que é obxecto da censura do goberno chinés. Douban revisa todo o contido subido á páxina, evitando a publicación de temas polémicos.[8]
No ano 2009, durante o 20 aniversario das protestas da praza Tian'anmen, Douban impuxo unha prohibición sobre certas palabras chave vinculadas co incidente.[9][10] Moitos usuarios trasladáronse a outras páxinas menos estritas coa censura, en sinal de protesta.[11]