Dorudon

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dorudon
Rango fósil: Eoceno superior

Esqueleto de Dorudon atrox.
Estado de conservación
Extinto (fósil)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Mammalia
Orde: Cetacea
Suborde: Archaeoceti
Familia: Basilosauridae
Subfamilia: Dorudontinae
Miller, 1923
Xénero: Dorudon
Gibbes, 1845
Especies
  • D. atrox
  • D. serratus (Especie tipo)

Dorudondente de lanza») é un xénero de cetáceos extintos que compartiu os mares do Eoceno con outros basilosáuridos como os basilosauros ou Zygorhiza. Era un descendente achegado dos primeiros artiodáctilos de vida anfibia, como Ambulocetus, mais a diferenza deles, o seu estilo de vida era totalmente acuático. Apareceu no Eoceno superior,[1] hai aproximadamente 40 millóns de anos. Atopáronse fósiles en lugares moi distantes entre si, como en Exipto,[2] Tunisia e Carolina do Sur (Estados Unidos),[3] e habitaba as augas mornas e cálidas dos océanos do Eoceno. Extinguiuse hai aproximadamente 36 millóns de anos, pouco antes do comezo do Oligoceno, por mor dun gran episodio de cambio climático coñecido como Grande Coupure. A especie D. atrox é o arqueoceto máis coñecido.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BBC (ed.). "Dorudon". BBC Science and Nature (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2009. 
  2. Universidade de Míchigan (22 de abril de 2005). Biology News Net, ed. "U-M team recovers ancient whale in Egyptian desert" (en inglés). Consultado o 27 de febreiro de 2009. 
  3. Spamer, E. E.; Daeschler, E.; Vostreys-Shapiro, L. G. (1995). A Study of Fossil Vertebrate Types in the Academy of Natural Sciences (en inglés). Academy of Natural Sciences. p. 272. ISBN 0910006512.