Dorothy Ruíz Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDorothy Ruíz Martínez
Biografía
Nacementoséculo XX
Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Texas A&M (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónEnxeñeiro de aviación Editar o valor em Wikidata

Facebook: DorothyRuizMartinez Twitter: dorothyruiz Editar o valor em Wikidata

Dorothy Ruíz-Martínez, nada en Texas no século XX é unha enxeñeira aeroespacial mexicoamericana da NASA no Centro Espacial Lyndon B, Johnson. É especialista en operacións espaciais no Centro de Control das Misións (CCM) en Houston, Estados Unidos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dorothy naceu en Texas, non obstante creceu en Matehuala, San Luís Potosí, cos seus avós e posteriormente mudouse aos Estados Unidos cando tiña 16 anos.[1] Durante a súa infancia presenciou a traxedia do Transbordador espacial Challenger fronte ao televisor mentres se preguntaba que era o que sucedera e cuestionaba a mecánica destas máquinas que levaron exploradores cara ao espazo. Este feito impulsou a súa curiosidade sobre os foguetes e a enxeñaría aeroespacial.[2]Graduouse da preparatoria no estado de Texas, estudou na Universidade de Oklahoma e transferiuse á Universidade de Texas A&M en College Station, Texas.[1][3][1][4] Durante a súa carreira universitaria estudou en Châtenay-Malabry, Francia por medio dun programa da universidade. Graduouse co título de Enxeñaría Aerospacial cunha concentración en deseño de foguetes e unha especialidade en literatura en español.

NASA[editar | editar a fonte]

En 1998 fixo unha pasantía académica por medio do programa de Langley Aerospace Research Summer Scholars do centro de investigacións da NASA Langley en Virxinia.[5] Despois realizou tres rotacións de prácticas como pasante de enxeñeira no Johnson Space Center.

O seu primeiro traballo foi como instrutora de astronautas e de operadores de voo no sistema de control e propulsión para o Transbordador Espacial, seguido por unha transición á área de Operacións de Misións Espaciais como enxeñeira de planificación de actividades espaciais en tempo Real (RPE).[6][7] En total, participou neste posto na planificación de 12 misións espaciais do transbordador, contribuíndo desde a terra, con outros enxeñeiros e científicos, á ensamblaxe final da Estación Espacial Internacional.[8]

No 2008 traballou en Moscova e no Centro de Control de Misión RKA (TsUP) como coordinadora de actividades espaciais entre a NASA e a Axencia Espacial Rusa.[5] A partir de marzo do 2013, traballou como operadora de voo na base de control de Misións Espaciais de Houston, no sistema de Control de Terra, mellor coñecido co distintivo de chamada, Houston-GC[9] O sistema de Control de Terra xestiona os sistemas que enlazan as comunicacións entre os vehículos espaciais e a Terra.[6] A partir do 2016, capacitou a operadores de voo no sistema de Control de Terra e no 2018 liderou ao equipo deste sistema como xefe de adestramento. Na actualidade forma parte do grupo de Sistemas do Centro de Control de Misións Espaciais, axudando a supervisar a xestión e o mantemento dos sistemas terrestres que apoian as operacións de voos espaciais.

Outros Proxectos[editar | editar a fonte]

Participou como voluntaria liderando proxectos na ONG de Enxeñaría Sen Fronteiras do Capítulo do Johnson Space Center.[10] Na actualidade, participa en actividades de alcance comunitario enfocadas na divulgación STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) para exhortar ás nenas, mulleres e minorías hispanas a perseguir unha carreira neses sectores.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casada co enxeñeiro Michael Martínez, ambos son pais de dous fillos.[11]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

A historia de Dorothy Ruíz Martínez foi recollida no libro "Cuentos de buenas noches para niñas rebeldes" (Editorial Planeta) 2021.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Elizabeth (21 de outubro de 2014). "Familia Martínez-Ruiz". Mi Familia Magazine. Consultado o 3 de setembro de 2015. 
  2. Ragin Williams, Catherine (28 de setembro de 2014). "Dorothy Ruiz-Martinez Moved Forward After First Looking Up" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2016. Consultado o 3 de setembro de 2015. 
  3. "Viaje a las estrellas con Dorothy Ruiz Martínez". NaciónMX. 26 de setembro de 2017. Consultado o 31 de agosto de 2018. 
  4. Struthers, Silvia (30 de xuño de 2011). "Dorothy Ruiz consiguió alcanzar la luna y las estrellas". Consultado o 3 de setembro de 2015. 
  5. 5,0 5,1 "Legisladora local promueve actividades científicas y tecnológicas a través de conferencia con experta de la NASA". 28 de xuño de 2015. Consultado o 3 de setembro de 2015. 
  6. 6,0 6,1 "Conferencia: Importancia de la participación de Mujeres en las STEM". Robotix. 27 de xuño de 2015. Arquivado dende o orixinal o 03 de setembro de 2015. Consultado o 3 de setembro de 2015. 
  7. Medellin, Maria Luisa (25 de xullode 2010). "Llega el fin de un era" (PDF) (en español). Consultado o 5 de setembro de 2015. 
  8. Acevedo, Enrique (5 de maio de 2011). "Fin de una era" (en español). Consultado o 23 de agosto de 2015. 
  9. Gil, Marina (1 de maio de 2015). "Semana News" (en español). Consultado o 9 de setembro de 2015. 
  10. Ruiz-Martinez, Dorothy (1 de abril de 2010). "BYOW Water Filtration System Installation South Nuevo Leon, Mexico" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 6 de marzo de 2016. Consultado o 8 de setembro de 2015. 
  11. Berlanga, Martin (4 de febreiro de 2014). "Programa Un Nuevo Dia" (en español). Consultado o 10 de agosto de 2015. 
  12. Osorio, Camila (18 de marzo de 2021). "Cuentos feministas para niñas de América Latina sin príncipes ni princesas" (en castelán). Consultado o 18 de marzo de 2021.