Dorotea de Cesarea
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 279 (Gregoriano) Capadocia |
| Morte | c. 311 Kayseri |
| Causa da morte | decapitación |
| Actividade | |
| Período | Imperio Romano |
| Período de actividade | século III |
| Enaltecemento | |
| Día de festividade relixiosa | 6 de febreiro |
| Compañeiro profesional | Theophilus (en) Theophilus (en) |
| Descrito pola fonte | The Nuttall Encyclopædia >>>:Dorothea, St. Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Dorotea de Cesarea é unha santa cristiá de existencia discutida. Suponse que foi martirizada no século IV.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É discutida a súa existencia, pois a súa popularización débese á Lenda dourada do século XIII, en que Jacopo della Voragine recompilaba haxiografías de dubidosa base documental.[1] Segundo a crenza, o prefecto Sapricio pediulle que ofrecese un sacrificio aos deuses, e ela negouse e foi torturada. O prefecto confiouna a Crista e Calista, dúas irmás apóstatas, para que a convencesen de que abandonase a relixión cristiá, pero ocorreu ao contrario: ambas volveron ao cristianismo e foron por iso queimadas vivas, mentres Dorotea foi condenada á decapitación.
Polo camiño ao martirio, atopou a Teófilo, quen lle dixo ironicamente: «Esposa de Cristo, mándame mazás e rosas do xardín do teu esposo». Dorotea aceptou e, antes da decapitación, mentres rezaba, apareceu un neno que lle trouxo tres rosas e tres mazás, a pesar de que estaban no inverno. Ela pediulle que llas levase a Teófilo, quen, visto o prodixio, se converteu ao cristianismo.
Culto
[editar | editar a fonte]A súa conmemoración litúrxica é o 6 de febreiro. É patroa dos floristas. Ten como atributo iconográfico unha cesta de froita e flores. Existen varias congregacións relixiosas devotas á santa, cuxas monxas reciben o nome popular de doroteas.
En Galicia é patroa da parroquia de Folgoso (Abegondo).
Use {{traducido de}} na páxina de conversa deste artigo no canto deste marcador.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Dorotea de Cesarea |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Guía de nomes galegos". Real Academia Galega. Consultado o 2023-12-02.