Dorotea Bucca
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1360 Boloña, Italia |
Morte | 1436 (75/76 anos) Boloña, Italia |
Educación | Universidade de Boloña |
Actividade | |
Ocupación | médica |
Empregador | Universidade de Boloña |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron A Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country |
Dorotea Bucca, nada en Boloña en 1360 e finada en 1436[1], coñecida tamén co nome de Dorotea Bocchi, foi unha médica, filósofa e universitaria italiana de finais do século XIV e comezos do XV. Aínda que as mulleres tiñan prohibido o ensino superior e o desempeño de moitas profesións, foi a primeira muller en ocupar unha cátedra na universidade italiana[2].
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Non se coñecen moitos datos sobre a súa vida, agás que naceu en Boloña[3][4] e alí se doctorou en Medicina e Filosofía Moral[5] e despois, a partir de 1390, ocupou unha cátedra de medicina e filosofía na Universidade de Boloña durante máis de 40 anos[6]. Esa mesma cátedra xa fora ocupada anteriormente polo seu pai, Giovanni Bucco[7][8], tamén afamado médico e filósofo[9]. A actitude cara ás mulleres capacitadas en medicina, semella ter sido máis aberta en Italia que en Francia ou en Inglaterra con anterioridade ao século XIX.
Xunto a Dorotea Bucca, outras mulleres de orixe italiana relacionadas coa práctica da medicina foron: Trotula Salerno (século XI), Abella, Jacobina Felicia, Alessandra Giliani (figura mítica por exercer a práctica das diseccións e por inventar unha técnica para introducir un líquido que permitía ve-los vasos sanguíneos, no século XIV)[7], Mercuriade (tamén do século XIV), Calrice di Durisio (século XV) ou Anna Morandi Manzolini (profesora de anatomía na Universidade de Boloña en 1760).[10]
No Museo da cidade de Boloña, aparece representada nun busto de terracota de 1690 aproximadamente[11].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wispelwey, Berend (2008). Biographical Index of the Middle Ages (en inglés). K.G.Saur. p. 173. ISBN 978-3-598-35437-3.
- ↑ Barone, Arturo (2007). The Italian Achievement: An A-Z of Over 1000 'firsts' Achieved by Italians in Almost Every Aspect of Life Over the Last 1000 Years. Renaissance. p. 141. ISBN 9781898823551.
- ↑ Garrido de Avendaño, Antonia (1836). La virtud aparente y Defensa de las mujeres. Imprenta de Palacios. p. 189.
- ↑ Feijóo y Montenegro, Fr. Benito Gerónimo (1777). Teatro Crítico Universal. p. 377.
- ↑ Mellado, F. de P. (1846). "Museo de las familias": 231–232.
- ↑ Frize, M. (2013). Women in Science and Medicine in Europe Prior to the Eighteenth Century. En Laura Bassi and Science in 18th Century Europe (pp. 25-37). Springer Berlin Heidelberg.
- ↑ 7,0 7,1 "Sitio do Centro de Arte Feminista Elisabeth A. Sackler no Brooklyn Museum". Consultado o 11-02-2017.
- ↑ Bailey Ogilvie, Marilyn (1986). Women in Science. Antiquity Through the Nineteenth Century: a Biographical Dictionary. MIT Press. p. 42. ISBN 9780262150316.
- ↑ Biografia universale antica e moderna, Volume VIII. Tipografia di Alvisopoli. 1823. p. 231.
- ↑ Mckenzie, Troy (2014). Women's worth, Priceless. Trafford. p. 139. ISBN 9781490747071.
- ↑ "Busto de Dorotea Bucca". Arquivado dende o orixinal o 12-02-2017. Consultado o 11-02-2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- A ciencia ten nome de muller (en Wikibooks)