Anna Morandi Manzolini
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 21 de xaneiro de 1714 Boloña (Estados Pontificios) |
| Morte | 9 de xullo de 1774 Boloña (Estados Pontificios) |
| Lugar de sepultura | San Procolo (en) |
| Actividade | |
| Campo de traballo | Anatomía e escultura de cera (pt) |
| Ocupación | anatomista, pintora, escultora, ceroplastician (en) |
| Período de actividade | (Con vida en: 1760 |
| Empregador | Universidade de Boloña |
| Membro de | Accademia delle Arti del Disegno (1761–) |
| Profesores | Giuseppe Carlo Pedretti (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Giovanni Manzolini (1740–) |
| Descrito pola fonte | Women artists, their patrons, and their publics in early modern Bologna (en) Notizie de' professori del disegno cioè pittori, scultori e architetti bolognesi e forestieri di sua scuola (en) |
Anna Morandi Manzolini, nada en Boloña o 21 de xaneiro de 1716 e finada no mesmo lugar o 9 de xullo de 1774, foi unha profesora de anatomía e escultora de figuras de cera italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Recibiu un permiso especial para ensinar anatomía na Universidade de Boloña despois de que o seu marido Giovanni Manzolini, encargado da cátedra, enfermase de tuberculose ; Así, converteuse en profesora de anatomía ata a morte do seu marido en 1755 . O seu talento para facer figuras de cera nas que se copiaba detalladamente a anatomía humana valeulle o recoñecemento nas cortes europeas da Ilustración, e foi convidada á de Catalina II de Rusia, así como a outras cortes reais. [1]
Manzolini tamén creou dúas efixies de cera que actualmente se expoñen no Palazzo Poggi, en Boloña: unha delas é un autorretrato, onde se representa a si mesma diseccionando un cerebro humano; a outra efixie representa ao seu marido, na mesma actividade. [2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Messbarger, Rebecca (2010). The Lady Anatomist: The Life and Work of Anna Morandi Manzolini (en inglés). Chicago: University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-52081-0.
- ↑ http://himetop.wikidot.com/anna-morandi-manzolini-s-wax-self-portrait