Dormitorio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Dormitorio nun cadro de Van Gogh.

Dormitorio[1] é o nome da habitación usada, sobre todo, para o soño ou o descanso do residente ou ocupante. Na maioría dos casos, devandita habitación vén acompañada por mobles de tipo persoal ou de uso compartido privado (cama, escritorio, armario etc.).

Non se pode dicir con exactitude o que se fai nesta habitación, as actividades poden variar desde durmir, ler, ver a televisión, vestirse, conversar con outro usuario, repousar o corpo, ou simplemente illarse un pouco do exterior. Isto porque depende exclusivamente de cada usuario en especial.

En diferentes culturas, os espazos usados principalmente para outras actividades durante o día convértense en dormitorios durante a noite; mentres que noutras existen dormitorios específicos, que constitúen unha parte importante da casa, fogar ou vivenda.

Tipos de dormitorios[editar | editar a fonte]

  • Dormitorio de matrimonio
  • Dormitorio dobre
  • Dormitorio individual
  • Dormitorio estudo
  • Dormitorio infantil

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para dormitorio.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]