Saltar ao contido

Doris verrucosa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Doris verrucosa é unha especie de molusco opistobranquio da orde dos nudibranquios, suborde dos doridinios, infraorde dos doridoideos, superfamilia dos Doridoidea e familia dos dorídidos, unha das integradas no xénero Doris,[1] do que é súa especie tipo.[2]

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Decrición

[editar | editar a fonte]

A especie foi desdrita en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.[1]

Etimoloxías

[editar | editar a fonte]

Para a do xénero, ver Doris.

O epíteto específico, verrucosa, é o feminino singular do adxectivo do latín clásico verrūcōsus, a, um,[3] aludindo ao aspecto que presenta a súa superficie, con numerosas verrugas.

Sinónimos

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[1]

  • Archidoris granosa Bergh, 1907
  • Doridigitata verrucosa (Linnaeus, 1758)
  • Doris biscayensis P. Fischer, 1872
  • Doris derelicta P. Fischer, 1867
  • Staurodoris bobretzkii Gadzikiewicz, 1907
  • Staurodoris verrucosa (Linnaeus, 1758)
  • Staurodoris verrucosa var. mollis Eliot, 1906

Características

[editar | editar a fonte]

Doris verrucosa é un nudibranquio de corpo ovalado de cor parda amarelada cunha pel verrugosa distintiva. Ten oito branquias dispostas ao redor do ano, e os seus rinóforos son perfoliados. Os espécimnes galegos e surafricanos poden alcanzar unha lonxitude total de 30 mm.[4][5] Porén, a súa lonxitude máxima rexistrada é de 70 mm.[6]

Distribución

[editar | editar a fonte]

Esta especie encóntrase no Atlántico (incluído o mar Mediterráneo), nas costs de Francia, España, Reino Unido e Irlanda.[2][7]

Informouse da súa presenza en Suráfrica, pero pode resultar que sexa dunha especie separada e moi relacionada.[5]

Os rexistros desta especie na costa do Brasil demostráronse que eran dunha especie separada, Doris januarii.[2] (Amplo resumo).

En Galicia

[editar | editar a fonte]

En Galicia, segundo Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt, esta especie encóntrase en todo o litoral, aínda que é pouco común. Vive entre o litoral interior e a rexión infralitoral, en fondos de pedras e algas, onde se alimenta de esponxas.[4]

  1. 1,0 1,1 1,2 Doris verrucosa Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultado o 8 de abril de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Lima, P. O. V. & Simone, L. R. L. (2015): "Anatomical review of Doris verrucosa and redescription of Doris januarii (Gastropoda, Nudibranchia) based on comparative morphology". Journal of the Marine Biological Association of the United Kingdom 95 (6): 1203-1220.
  3. Charlton T. Lewis & Charles Short (1879): A Latin Dictionary. Oxford. Clarendon Press.
  4. 4,0 4,1 Emilio Rolán e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.
  5. 5,0 5,1 Zsilavecz, G. (2007): Nudibranchs of the Cape Peninsula and False Bay. Cape Town: Southern Underwater Research Group. ISBN 0-6203-8054-3.
  6. Welch J. J. (2010): "The "Island Rule" and Deep-Sea Gastropods: Re-Examining the Evidence". PLoS ONE 5 (1): e8776.
  7. Rudman, W. B. (1999): "Doris verrucosa Linnaeus, 1758". En Sea Slug Forum. Australian Museum, Sydney.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Bouchet, P. & Rocroi, J.-P. (2005): "Classification and nomenclator of gastropod families". Malacologia 47 (1-2): 1-397.
  • Thompson, T. E. & Brown, G. H. (1984): Biology of Opisthobranch Molluscs, Vol 2. Londres, Reino Unido: Ray Society Monographs. ISBN 978-0-9038-7418-2.

Outros artigos

[editar | editar a fonte]