Donna Reed
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | (en) Donna Belle Mullenger 27 de xaneiro de 1921 Denison |
| Morte | 14 de xaneiro de 1986 Beverly Hills |
| Causa da morte | cancro de páncreas |
| Lugar de sepultura | Pierce Brothers Westwood Village Memorial Park and Mortuary (pt) |
| Educación | Los Angeles City College |
| Altura | 1,61 m |
| Actividade | |
| Ocupación | actriz de televisión, actriz, actriz de cinema, activista pola paz |
| Período de actividade | 1941 |
| Partido político | Partido Republicano |
| Familia | |
| Cónxuxe | Tony Owen (1945–1971) William J. Tuttle (1943–1945) |
| Premios | |
| |
Donna Belle Mullenger, nada en Denison (Iowa) o 27 de xaneiro de 1921 e finada en Beverly Hills (California) o 14 de xaneiro de 1986 foi unha actriz estadounidense, coñecida como Donna Reed.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Nada nunha granxa, cando acabou o instituto planeou facerse mestra, pero non podía pagar a universidade, así que decidiu seguir o consello da súa tía e marchar a California a estudar en Los Angeles City College. Alí participou en varias obras teatrais, pero sen ter intención de ser actriz. Tras recibir ofertas de varios estudios, asinou un contrato con Metro-Goldwyn-Mayer, pero insistiu en acabar os seus estudos.[1]
Debutou no cinema en 1941, sendo acreditada como Donna Adams, mais a MGM decidiu cambiarllo a Donna Reed.[2]
En 1953 interpretou o papel de Alma "Lorene" Burke, moza da personaxe de Montgomery Clift en De aquí á eternidade. Por este filme gañou o Oscar á mellor actriz secundaria.[3]
Entre 1958 e 1966, Reed protagonizou a serie de televisión The Donna Reed Show. Tras acabar o show retirouse parcialmente da interpretación. En 1984 substituíu a Barbara Bel Geddes na serie Dallas.
Finou en 1986 vítima dun cancro de páncreas.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Título |
|---|---|
| 1941 | The Getaway |
| 1941 | Shadow of the Thin Man |
| 1941 | Babes on Broadway |
| 1942 | Personalities |
| 1942 | The Bugle Sounds |
| 1942 | The Courtship of Andy Hardy |
| 1942 | Mokey |
| 1942 | Calling Dr. Gillespie |
| 1942 | Apache Trail |
| 1942 | Eyes in the Night |
| 1943 | The Human Comedy |
| 1943 | Dr. Gillespie's Criminal Case |
| 1943 | The Man from Down Under |
| 1943 | Thousands Cheer |
| 1944 | See Here, Private Hargrove |
| 1944 | Gentle Annie |
| 1945 | The Picture of Dorian Gray |
| 1945 | They Were Expendable |
| 1946 | Faithful in My Fashion |
| 1946 | Que fermoso é vivir |
| 1947 | Green Dolphin Street |
| 1948 | Beyond Glory |
| 1949 | Chicago Deadline |
| 1951 | Saturday's Hero |
| 1952 | Scandal Sheet |
| 1952 | Os forasteiros |
| 1953 | Trouble Along the Way |
| 1953 | Raiders of the Seven Seas |
| 1953 | De aquí á eternidade |
| 1953 | The Caddy |
| 1953 | Gun Fury |
| 1954 | They Rode West |
| 1954 | Three Hours to Kill |
| 1954 | The Last Time I Saw Paris |
| 1955 | The Far Horizons |
| 1956 | The Benny Goodman Story |
| 1956 | Ransom! |
| 1956 | O sexto fuxitivo |
| 1956 | Beyond Mombasa |
| 1958 | The Whole Truth |
| 1974 | Yellow-Headed Summer |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Scott Royce, Brenda (1990). Greenwood Publishing Group, ed. Donna Reed: A Bio-bibliography. p. 2. ISBN 0-313-26806-1.
- ↑ Monush, Barry (2003). Hal Leonard Corporation, ed. Screen World Presents the Encyclopedia of Hollywood Film Actors: From the Silent Era to 1965. p. 628. ISBN 1-55783-551-9.
- ↑ Phillips, Gene D. (1999). Lehigh University Press, ed. Major Film Directors of the American and British Cinema. p. 118. ISBN 0-934223-59-9.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Donna Reed |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fultz, Jay (1998). University of Iowa Press, ed. In Search of Donna Reed. Iowa City. ISBN 0-87745-625-9.
- Tucker, David C. (2007). McFarland & Company, Inc., ed. The Women Who Made Television Funny: Ten Stars of 1950s Sitcoms. Jefferson, NC. ISBN 0-7864-2900-3.