Chris Mullin
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 30 de xullo de 1963 (61 anos) Brooklyn, Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Datos persoais | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
País de nacionalidade | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Educación | St. John's University (pt) Xaverian High School (en) Power Memorial Academy (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Altura | 201 cm | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Peso | 91 kg | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | baloncestista , adestrador de baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1985 - 2001 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Nacionalidade deportiva | Estados Unidos de América | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | baloncesto | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Liga | Baloncesto masculino da División I da NCAA e National Basketball Association | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Ala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Convocado por | Golden State Warriors | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Participou en | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1992 | basketball at the 1992 Summer Olympics – men's tournament (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1992 | Torneo das Américas de 1992 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1984 | basketball at the 1984 Summer Olympics – men's tournament (en) | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
1983 | Jogos Pan-Americanos de 1983 (pt) |
Christopher Paul "Chris" Mullin, nado o 30 de xullo de 1963 en Brooklyn, Nova York, é un ex xogador e adestrador profesional de baloncesto estadounidense que desenvolveu toda a súa na National Basketball Association (NBA). Foi seleccionado no sétimo posto primeira rolda do Draft da NBA polos Golden State Warriors en 1985, equipo no que pasou a maior parte da súa carreira e que retirou o seu dorsal 17 na súa honra. Alén do equipo californiano, xogou durante tres temporadas nos Indiana Pacers. Actualmente é o adestrador do equipo da NCAA da Universidade de St. John's. Cinco veces All-Star, foi incluído por partida dobre no Basketball Hall of Fame: en 2010 como membro do Dream Team e en 2011 pola súa carreira individual. Coa selección dos Estados Unidos gañou dous ouros olímpicos, en 1984 e en 1992.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Universidade
[editar | editar a fonte]Xogou durante catro tempadas cos "Red Storm" da Universidade de St. John's, cos que fixo unha media de 19,5 puntos, 4,1 rebotes e 3,6 asistencias por partido. Foi elixido as súas tres últimas temporadas como xogador do ano da Big East Conference, as dúas últimas compartindo o galardón con Patrick Ewing. Foi elixido ademais no segundo quinteto All-America en 1984 e no primeiro en 1985.[1] Na súa última tempada gañou ademais o Premio UPI ao Baloncestista Universitario do Ano, o Trofeo Oscar Robertson e o Premio John R. Wooden.
Profesional
[editar | editar a fonte]Mullin foi elixido na sétima elección da primeira rolda do Draft da NBA de 1985, polos Golden State Warriors. Mullin xogou no equipo de Oakland desde a temporada 1985-86, até a tempada de 1996-97, cando foi contratado polos Indiana Pacers (onde xogou desde 1997 até o 2000), Mullin retirouse do baloncesto na tempada 2000-01, xogando novamente para os Warriors. Durante 5 tempadas consecutivas, Mullin fixo unha media de 25 ou máis puntos e 5 rebotes por partido. Foi 5 veces elixido para o All-Star Game, e foi dúas veces gañador da medalla de ouro olímpica, unha co equipo olímpico afeccionado nos Ánxeles 1984 e a outra en Barcelona 1992, co equipo denominado Dream Team. En abril de 2004, Mullin foi nomeado vicepresidente de operacións baloncestísticas dos Warriors, posición da cal foi relevado en 2009 polo técnico asistente do equipo, Larry Riley. Desde o ano 2015 e adestrador dos "Red Storm" de St. John's.
Logros
[editar | editar a fonte]- Cinco veces All-Star (1989–1993).
- Unha vez no Primeiro equipo da NBA (1992).
- Dúas veces no Segundo equipo da NBA (1989, 1991).
- Unha vez no Terceiro equipo da NBA (1990).
- Membro do Basketball Hall of Fame como parte do Dream Team (2010).
- Membro do Basketball Hall of Fame como xogador (2011).
- Número 17 retirado por Golden State Warriors.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sports Reference (ed.). "Consensus All-America Teams (1980 to 1989)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 29 de abril de 2015. Consultado o 17 de abril de 2015.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto olímpicos dos Estados Unidos de América
- Adestradores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Eleccións no Draft da NBA dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Golden State Warriors
- Xogadores dos Indiana Pacers
- Alas de baloncesto
- Membros do Salón da Fama da NBA
- Nados en 1963
- Nados en Brooklyn
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1984
- Xogadores de baloncesto nos Xogos Olímpicos de 1992
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1984
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1992
- Medallistas olímpicos de ouro polos Estados Unidos de América
- Medallistas olímpicos en baloncesto