Shawn Bradley
Shawn Bradley | |
---|---|
Shawn Bradley en 2008 | |
Posición | Pivote |
Dorsal | 76, 45, 44 |
Altura | 2,29 m (7 ft 6 in) |
Peso oficial | 125 kg (275 lb) |
Nacemento | 22 de marzo de 1972 (48 anos)![]() |
Carreira | |
Universidade | Brigham Young |
NBA Draft | 1993 / Rolda: 1 / Elección: 2 Por Philadelphia 76ers |
Tempadas | 1993–2005 |
Equipo(s) | |
| |
Estatísticas (NBA) | |
Puntos | 6 752 (8,1 pp) |
Rebotes | 5 268 (6,3 pp) |
Tapóns | 2 119 (2,5 pp) |
Stats @ Basketball-Reference.com | |
Premios | |
|
Shawn Paul Bradley, nado o 22 de marzo de 1972 en Landstuhl, Renania-Palatinado (daquela Alemaña do Oeste) é un ex xogador de baloncesto con nacionalidade xermano-estadounidense da National Basketball Association (NBA). Cos seus 2,29 metros de estatura, foi un xogador lento, pero de gran manexo do tempo, sobre todo na face defensiva do xogo.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Xogou na Universidade de Brigham Young, aínda que só o fixo durante unha tempada, xa que tomou a decisión de pasar dous anos nunha misión mormoa en Australia. Foi seleccionado na segunda posición por Philadelphia 76ers no Draft da NBA de 1993. A partir do seu inicio como xogador profesional da NBA situouse como un dos grandes taponadores de todos os tempos.
Ao longo da súa carreira fixo total de 2.119 en tan só 832 partidos, cunha media 2.55 tapóns por encontro ao longo de toda a súa carreira, unha das máis altas da historia da NBA. Xogou en Philadelphia 76ers, New Jersey Nets e por último para Dallas Mavericks, equipo no cal anunciou a súa retirada en 2005, deixando atrás un historial de dezaseis tempadas como profesional. Ao finalizar a súa carreira, fíxoo sendo dono de varios records para os equipos nos que xogou na estatística de tapóns, e posúe unha estraña marca na historia da liga: é o único xogador que bloqueou 10 ou máis lanzamentos en dous partidos consecutivos, e fíxoo en dúas ocasións diferentes.
Curiosidades[editar | editar a fonte]
![]() | As seccións de curiosidades e anécdotas deben ser evitadas. Axude a mellorar este artigo, integrando no corpo do texto as informacións relevantes e verificadas e retirando as superfluas ou impropias. |
- No seu periplo cos Dallas Mavericks formou un gran vínculo de amizade co alemán Dirk Nowitzki, o cal convenceu a Bradley para xogar o Europeo do 2003 con Alemaña. Bradley, grazas a esta boa amizade, conseguiu a nacionalidade xermana, e esta aventura á beira do seu novo compatriota dos Mavericks terminou cun bronce.
- Apareceu na película "Space Jam" xunto con outros xogadores da NBA, como Charles Barkley, Patrick Ewing ou o mesmo Michael Jordan.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto de Alemaña
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores dos Philadelphia 76ers
- Xogadores dos New Jersey Nets
- Xogadores dos Dallas Mavericks
- Eleccións no Draft da NBA dos Philadelphia 76ers
- Pivotes de baloncesto
- Nados en 1972
- Nados en Renania-Palatinado