Dominio PAN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dominio PAN
Identificadores
SímboloPAN_1
PfamPF00024
Pfam clanCL0168
InterProIPR003014
PROSITEPDOC00376
SCOPe1bht / SUPFAM

O dominio PAN é un tipo de dominio proteico. Ten unha significativa verstilidade funcional realizando diversas tarefas biolóxicas ao mediar en interaccións proteína-proteína e interaccións proteína-carbohidrato.[1] Estes dominios conteñen unha estrutura de bucle de forquita, similar á que se encontra nas knottinas (do inglés knot = nó) pero cun padrón diferente de pontes disulfuro.

Pertencen á mesma superfamilia de módulo PAN os dominios N-terminais de membros da familia do plasminóxeno/factor de crecemento de hepatocitos, os dominios mazá da familia da precalicreína/factor de coagulación XI do plasma, e os dominios de varias proteínas de nematodos.[1] O dominio PAN contén un núcleo conservado de tres pontes disulfuro. Nalgúns membros da familia hai unha cuarta ponte disulfuro adicional que liga o N- e C-terminal do dominio.

Un exemplo de dominio PAN é o dominio mazá. O dominio mazá, así como outros exemplos de dominio PAN, consta de 7 cadeas β que se dobran nunha folla curvada antiparalela na que se sitúa unha hélice α. Dúas pontes disulfuro cerran a hélice nas follas β4 e β5 centrais, mentres que unha terceira conecta os dominios N- e C-terminais. No dominio mazá, o bucle β4-β5 e o bucle cruzado β5-β6 xeran un pequeno peto no lado oposto da folla desde a hélice α.[2]

No plasminóxeno nativo o dominio PAN está asociado a cinco dominios kringle.[3] As interaccións entre o dominio PAN e os kringles xogan un papel fundamental na estabilización do complexo cuaternario do plasminóxeno nativo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Tordai H, Bányai L, Patthy L (November 1999). "The PAN module: the N-terminal domains of plasminogen and hepatocyte growth factor are homologous with the apple domains of the prekallikrein family and with a novel domain found in numerous nematode proteins". FEBS Lett. 461 (1-2): 63–7. PMID 10561497. doi:10.1016/s0014-5793(99)01416-7. 
  2. Emsley J, McEwan PA, Gailani D (Apr 2010). "Structure and function of factor XI". Blood 115 (13): 2569–77. PMC 4828079. PMID 20110423. doi:10.1182/blood-2009-09-199182. 
  3. Xue Y, Bodin C, Olsson K (2012). "Crystal structure of the native plasminogen reveals an activation-resistant compact conformation.". J Thromb Haemost 10 (7): 1385–96. PMID 22540246. doi:10.1111/j.1538-7836.2012.04765.x. 

Este artigo incorpora textos en dominio público procedentes de Pfam e InterPro IPR003014


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.