Domingo Pardo Corredoira
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 21 de febreiro de 1898 (126 anos) Santiago de Compostela, España |
Datos persoais | |
Outros nomes | Cernadas |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Domingo Luis Pardo Corredoira, coñecido como Cernadas, nado en Santiago de Compostela o 21 de febreiro de 1898, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Nicolás Pardo Cernadas, un dos fundadores do PSOE en Compostela. Pertenceu nos anos vinte ao sindicato de carpinteiros de Santiago de Compostela (CNT). Na ditadura de Primo de Rivera foi nomeado concelleiro de Santiago de Compostela en abril de 1924 en representación das sociedades obreiras,[1] pero non aceptou o cargo.[2] Foi elixido presidente do sindicato de carpinteiros en xaneiro de 1926.[3] Na República foi orador nun mitin en Compostela en setembro de 1931 e foi detido en maio de 1933 con motivo da folga xeral.[4] Adheriuse ao Partido Sindicalista do que foi elixido vicesecretario en maio de 1935 e que o propuxo para candidato á alcaldía. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do comité revolucionario de Compostela que non puido impedir a toma da cidade polas tropas franquistas. Detido, foi internado no campo de concentración de Iria-Padrón.
Despois da súa liberación participou na clandestinidade como delegado no plenario rexional da CNT galega en 1945, e ao ano seguinte foi tesoureiro do Comité rexional. Coa caída da organización galega da CNT en marzo de 1947, fuxiu. Foi reclamado polo Xulgado Militar de Vigo en xullo de 1947.[5] Permaneceu agochado ata maio de 1949, cando foi detido o día 3 nunha horta da rúa da Angustia de Compostela,[6] e condenado a cinco anos de prisión.
Vida persoal[editar | editar a fonte]
Casou en Compostela con Rosalía Míguez en 1928.[7]
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Fernández, Eliseo; Pereira, Dionisio (2004). O anarquismo na Galiza. Santiago de Compostela: Positivas. pp. 187–188. ISBN 84-87783-79-1.
- Lamela García, Luis (2005). 1936, la 'Cruzada' en Compostela. La guerra civil y la represión franquista en los documentos policiales y militares. Sada: Do Castro. p. 281. ISBN 84-8485-186-9.
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Apuntes para unha enciclopedia histórica do anarquismo galego (P)
- Domingo Pardo Corredoira na páxina web Nomes e Voces.
- Biografía en Los de la sierra Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. (en francés)