Doboj
| Добој (sr-cyrl) | |||||
| Localización | |||||
|---|---|---|---|---|---|
| |||||
| Estado | Bosnia e Hercegovina | ||||
| Entidade territorial administrativa | República Serbia | ||||
| Capital de | |||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 68.514 (2013) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 648 km² | ||||
| Bañado por | Río Bosna, Spreča (en) | ||||
| Altitude | 143 m | ||||
| Comparte fronteira con | Doboj South Municipality (en) Derventa Modriča Municipality (en) Doboj East (en) Maglaj (en) Prnjavor Municipality (en) | ||||
| Datos históricos | |||||
| Creación | 28 de xuño de 1415 | ||||
Evento clave
| |||||
| Organización política | |||||
| • Mayor of Doboj (en) | Boris Jerinić (pt) | ||||
| Órgano lexislativo | City of Doboj Assembly (en) | ||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 74000 | ||||
| Fuso horario | |||||
| Prefixo telefónico | 053 | ||||
| Outro | |||||
| Irmandado con | |||||
| Sitio web | doboj.gov.ba | ||||
Doboj (en serbio: Добој) é unha cidade e concello situado na República Serbia dentro da federación de Bosnia e Hercegovina. A cidade é un importante nó ferroviario e alí ten a súa sede os Ferrocarrís da República Serbia e a Corporación dos Ferrocarrís de Bosnia e Hercegovina. A superficie do concello é de 691 km² despois que tras a Guerra de Bosnia se formaran, integrados na Federación de Bosnia e Hercegovina, os concellos de Doboj do Leste e Doboj do Sur de maioría musulmá e Usora de maioría croata. A poboación estimada do concello é de 80.000 habitantes e da cidade de 30.000 [1]. A composición étnica variou considerablemente coa Guerra de Bosnia, actualmente a maioría da poboación é serbia con arredor do 80%, un 13% é bosniomusulmá e un 3% croata.[2]
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira vez que se menciona a localidade de Doboj foi en 1415 pero de feito pola cantidade de obxectos atopados en escavacións arqueolóxicas había xa un núcleo de poboación desde moito antes e a Fortaleza de Doboj data do século XIII, construída sobre unha anterior que podería ser do século X. En 1476 a fortaleza xunto coa localidade caeu baixo o Imperio Otomán. Durante a primeira guerra mundial en Doboj estableceuse o máis grande dos campos de concentración para serbios polo que pasaron case 46.000 prisioneiros. Na segunda guerra mundial Doboj converteuse nun importante foco de resistencia dos partisanos. A cidade quedou liberada o 17 de abril de 1945
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Esas cifras aparecen na web oficial do concello [1] Arquivado 12 de abril de 2008 en Wayback Machine.. O último censo oficial en Bosnia e Hercegovina foi en 1991 antes da guerra de Bosnia que modificou considerablemente a demografía da localidade. Segundo o censo de 1991 o concello de Doboj tiña 102.549 habitantes, aproximadamente un 40% de bosniomusulmáns e 39% de serbios
- ↑ Segundo a Oficina de Estatísticas de Bosnia e Hercegovina, datos estimados de de 2005 [2]
