A División de Honra da Liga Nacional é a máxima categoría das competicións de béisbol entre clubs en España, que organiza cada tempada a Real Federación Española de Béisbol e Sófbol (RFEBS).
O formato da competición é unha liga de 10 equipos que disputan 18 xornadas (todos contra todos, ida e volta) entre finais de febreiro e finais de xullo. Cada equipo xoga 2 partidos fronte ó mesmo rival cada fin de semana, sendo o normal xogar un partido pola mañá e outro pola tarde, ou un partido pola tarde e outro ó día seguinte. Desde xeito, ó cabo da tempada cada equipo xogou 36 encontros, e o primeiro da táboa clasificatoria é directamente o campión.
Antes de 1986 se disputou dende 1944 un torneo chamado Campionato de España de Béisbol, que viña sendo o mesmo que a actual División de Honra da Liga Nacional, e que foi gañado varias tempadas por equipos como FC Barcelona, Atlético de Madrid, RCD Español e Real Madrid CF entre outros.