Saltar ao contido

Divertimento (filme de 2000)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Divertimento
 Título
Divertimento Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Xénero
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
Datas
 Data de publicación
22 de outubro de 2000 Editar o valor en Wikidata
Dimensión
Duración93 min Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
IMDB: tt0243858 Filmaffinity: 778689 TCM: 532414 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Divertimento é un filme dramático galego do ano 2000, dirixido por José García Hernández.[1]

Argumento

[editar | editar a fonte]

Daniel Osantos (Federico Luppi), un popular actor de televisión, está a piques de conseguir o papel da súa vida. Inseguro acerca do seu talento como intérprete a pesar dos seus éxitos, decide entrevistarse con Bernardo Gabler (Francisco Rabal), un lendario actor que leva toda a vida encarnando ese mesmo personaxe, para pedirlle consello. Pero Gabler non parece moi disposto a revelar os seus segredos a un actor no que non confía.[2]

Produción

[editar | editar a fonte]

A rodaxe realizouse no Teatro Jofre de Ferrol, onde transcorre practicamente todo o filme, con Rabal e Luppi como únicos actores na pantalla durante a maior parte do tempo.[3]

  1. "Dous filmes galegos na carteleira". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de abril de 2000. p. 71. 
  2. "Divertimento". filmaffinity.com (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  3. "Cuando el Jofre sirvió de escenario para el duelo entre dos titanes: Luppi y Rabal". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de febreiro de 2020. Consultado o 18 de decembro de 2020. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]