Guanabara
| Guanabara | |||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| |||||||||||||
| Wikidata C:Commons | |||||||||||||
Guanabara foi o nome que recibiu o municipio de Río de Xaneiro despois de que a capital federal fose trasladada a Brasilia en 1960. O nome deriva da baía de Guanabara, que bañaba a súa costa oriental, que á súa vez deriva dun termo indíxena en tupí-guaraní Guaná-pará, que significa «seo do mar»[1].
Historia
[editar | editar a fonte]En 1834 a cidade de Río de Xaneiro converteuse nun municipio e na capital do imperio do Brasil. Despois da proclamación da república en 1889, a cidade de Río converteuse no Distrito Federal e a provincia de Río de Xaneiro converteuse nun estado con Niterói como capital[2].
Despois do traslado da capital federal a Brasilia en 1960, o municipio de Río de Xaneiro converteuse no Estado de Guanabara.
En 1975 os estados de Guanabara e Río de Xaneiro fusionáronse baixo o nome de Estado do Río de Xaneiro coa cidade de Río de Xaneiro como capital.
Gobernadores
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "About: Estado de la Guanabara". es.dbpedia.org (en castelán). Consultado o 2022-07-09.
- ↑ "Constituição". www.planalto.gov.br (en portugués). Consultado o 2022-07-09.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Guanabara |