Distrito de Asipovicki

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Localización do distrito na rexión de Mahilioŭ.

O distrito de Asipovicki (en belaruso: Асіповіцкі раён, Asipovicki rajon""; en ruso: Осиповичский район, "Osipovichskii raion") é un distrito (raion) da rexión de Mahilioŭ, en Belarús. O centro administrativo do distrito é a vila de Asipovicki; a poboación en 2009 era de 52.447 habitantes, vivindo o 62% deles na vila.