Dispase

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

A dispase é unha protease que cliva a fibronectina, o coláxeno IV e en menor medida o coláxeno I. É un encima propio dalgunhas especies de bacterias, por exemplo, de Bacillus polymyxa, dos filtrados de cuxos cultivos pode illarse.[1] Unha vez extraída e purificada pode usarse en investigación. A dispase utilízase con frecuencia para dixerir células primarias adherentes en cultivo ou separar trecidos, xa que este tratamento é máis suave que a dixestión con tripsina.[2][3] Por exemplo, úsase para separar suavemente o mesénquima e epitelios embrionarios.

A dispase II é específica para a clivaxe de enlaces peptídicos leucina-fenilalanina.[4] Tamén se encontrou recentemente que a dispase pode dixerir enlaces serina-fenilalanina.[5]

A inxección intravitreal (no ollo) de dispase pode utilizarse en modelos da vitrorretinopatía proliferativa en diferentes animais.[6][7][8]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Stenn KS, Link R, Moellmann G, Madri J, Kuklinska E. Dispase, a neutral protease from Bacillus polymyxa, is a powerful fibronectinase and type IV collagenase. J Invest Dermatol. 1989 Aug;93(2):287-90. PMID 2546994
  2. Sinclair JA, Henderson C, Martin I, Grant MH, Tettey JN. The extent of phase I and phase II reactions is affected by the choice of enzyme used to prepare rat hepatocytes. Chem Biol Interact. 2009 May 15;179(2-3):256-62. PMID 19330883
  3. Sinclair JA, Henderson C, Tettey JN, Grant MH. The influence of the choice of digestion enzyme used to prepare rat hepatocytes on xenobiotic uptake and efflux. Toxicol In Vitro. 2013 Feb;27(1):451-7. doi: 10.1016/j.tiv.2012.07.012. PMID 22902308
  4. Worthington Biochemical Neutral Protease (Dispase)
  5. Weimer; et al. (2006). "A quenched fluorescent dipeptide for assaying dispase- and thermolysin-like proteases". Analytical Biochemistry 352: 110–119. doi:10.1016/j.ab.2006.02.029. 
  6. Erdiakov AK, Tikhonovich MV, Rzhavina EM, Gavrilova SA (May 2015). "THE CHARACTERISTICS OF RETINA AT THE DEVELOPMENT OF PROLIFERATIVE VITREORETINOPATHY IN RATS AFTER INTRAOCULAR INJECTION OF CONCANAVALIN A AND DISPASE". Ross Fiziol Zh Im I M Sechenova 101: 572–85. PMID 26263683. 
  7. Cantó Soler MV, Gallo JE, Dodds RA, Suburo AM (November 2002). "A mouse model of proliferative vitreoretinopathy induced by dispase". Exp Eye Res 75: 491–504. PMID 12457862. 
  8. Tikhonovich, Marina V.; Erdiakov, Aleksei K.; Gavrilova, Svetlana A. (2017-06-21). "Nonsteroid anti-inflammatory therapy suppresses the development of proliferative vitreoretinopathy more effectively than a steroid one". International Ophthalmology (en inglés): 1–14. ISSN 0165-5701. doi:10.1007/s10792-017-0594-3. 

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.