Discovery Home & Health
Aparencia
| Discovery Home & Health | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| |||||||
| Wikidata | |||||||
Discovery Home & Health é unha canle de televisión que o grupo Discovery Channel lanzou no Reino Unido e Irlanda no ano 2000 co nome de Discovery Health, cun formato semellante ao seu homólogo norteamericano. No Reino Unido e Irlanda o Discovery Home & Health +1 retransmite a mesma programación unha hora máis tarde.
Desenvolvemento
[editar | editar a fonte]A partir de 2004 estendeu a súa dispoñibilidade a varios países do leste de Asia e que tamén se pode ver en Australia e Nova Zelandia, existen tamén versións da canle en portugués para o Brasil e en castelán para Latinoamérica. En 2005 cambiou de nome ao actual, variando a súa orientación para se constituír nunha canle dirixida ao público feminino. En 2010 tiña 39 millóns de subscritores[1].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Datos de Discovery Communications a 3 de agosto de 2010" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de agosto de 2010. Consultado o 05 de agosto de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web oficial Arquivado 14 de agosto de 2010 en Wayback Machine.
- Web en portugués
- Web en castelán