TrueVisions

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

TrueVisions é unha operadora de televisión por cable e satélite de Tailandia pertencente a True Corporation, ata febreiro de 2007 denominábase United Broadcasting Corporation (UBC).

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

En 1989 froito dun acordo da MCOT e IBC estableceuse un servizo de subscrición de televisión de nome IBC, que se fixo efectivo en outubro en Bangkok utilizando o sistema MMDS, ao longo de 1994 implementou o servizo nas principais cidades tailandesas utilizando o satélite Thaicom 1, os sinais televisivos transmitíanse mediante MMDS. TelecomAsia estaba interesado en establecer un servizo de televisión por cable e para iso estableceu a súa propia compañía UTV, que comezou a dar servizo en Bangkok en setembro de 1995. Finalmente o 1 de xullo de 1998 IBC uniuse con UTV formando a UBC que máis tarde cambiaría de nome para TrueVisions que a finais de 2008 tiña 799.837 subscritores, aos que ofrece case 200 canles de televisión, incluídos algúns producidos pola propia TrueVisions.