Saltar ao contido

Harry o sucio

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dirty Harry»)

Harry o sucio
 Título
Dirty Harry Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Parte de
 Movemento
 Lingua orixinal
 Cor
Autoría
 Director/a
 Compositor/a
 Director/a fotografía
 Editor/a de cine
Temática
 Tema principal
 Ambientado en
Publicación
 Data de publicación
13 de abril de 1972 (Ámsterdam)
11 de febreiro de 1972 (Xapón)
6 de outubro de 1972 (Uruguai)
1 de febreiro de 1973 (Turquía)
3 de marzo de 1972 (Sydney)
6 de febreiro de 1972 (Suecia)
21 de decembro de 1971 (San Francisco)
30 de marzo de 1972 (Reino Unido)
3 de outubro de 1972 (Portugal)
6 de marzo de 1972 (Noruega)
9 de xuño de 1977 (México)
8 de xaneiro de 1972 (Italia)
14 de xullo de 1972 (Irlanda)
31 de xaneiro de 1972 (Grecia)
16 de febreiro de 1972 (Francia)
5 de xaneiro de 1973 (Finlandia)
23 de decembro de 1971 (Estados Unidos de América, Canadá)
29 de marzo de 1972 (España)
7 de abril de 1972 (Dinamarca)
21 de setembro de 1972 (Corea do Sur)
13 de xaneiro de 1972 (Brasil)
31 de marzo de 1972 (Austria)
27 de abril de 1972 (Australia, Hong-Kong británico)
20 de xaneiro de 1972 (Arxentina)
10 de marzo de 1972 (Alemaña) Editar o valor en Wikidata
 País de orixe
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Compañía produtora
 Distribuidor/a
 Recadación
35.988.495 $ Editar o valor en Wikidata
 Custo
4.000.000 $ Editar o valor en Wikidata
 Parte da serie
 Puntuación da crítica
87/100 Metacritic (14 de xullo de 2025)
89% Rotten Tomatoes (2 de agosto de 2024)
7.7/10 Rotten Tomatoes (5 de outubro de 2021) Editar o valor en Wikidata
Dimensións
 Duración
1 hora e 42 minutos Editar o valor en Wikidata
Localizacións
 Localización rodaxe
Identificadores
ISAN0000-0000-3659-0000-L-0000-0000-B Editar o valor en Wikidata
VIAF208715196 Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
 Páxina WEB
Redes
IMDB: tt0066999 Filmaffinity: 571114 Allocine: 381 Rottentomatoes: m/dirty_harry Mojo: dirtyharry Allmovie: am6862 TCM: 23013 Metacritic: movie/dirty-harry TV.com: movies/dirty-harry Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Harry o sucio (en inglés: Dirty Harry) é un filme estadounidense de 1971, dirixida por Don Siegel e protagonizada por Clint Eastwood, con Andrew Robinson, Reni Santoni, John Vernon e Harry Guardino nos papeis principais.

Tivo catro secuelas: Harry o forte (1973), Harry o executor (1976), Impacto súbito (1983), e Harry o sucio na lista negra (1988).

Andrew Robinson é un asasino en serie que actúa en San Francisco baixo o alcume de Scorpio, matando civís desde as azoteas cun fusil de precisión. Pretende facer chantaxe á cidade, baixo a ameaza de matar unha persoa cada día mentres non se lle pague un rescate. O seu segundo intento de asasinato é evitado por un helicóptero policial, pero escapa e consegue matar ao día seguinte. A policía cre que é moi posible que regrese ao mesmo lugar para intentar matar de novo. Os policías Callahan (Clint Estwood) e Chico (Reni Santoni) espérano alí e evitan o asasinato do seu obxectivo, un sacerdote católico. Porén, logra escapar novamente matando a un axente no camiño. Posteriormente secuestra a unha adolescente, á que viola, tortura e pecha nun foxo. Eleva o rescate e afirma que debe ser pagado de contado, pois á rapaza só lle queda ar até as 3:00 da mañá seguinte. O alcalde (John Vernon) decide entregarlle os cartos e envía a Callahan para tal misión. Scorpio faille percorrer toda a cidade, de cabina telefónica en cabina telefónica, indicándolle o seguinte punto mediante chamadas. Finalmente, enfróntase a Callahan e leva os cartos, pero agride a Callahan e ameaza con matalo a el e á rapaza. Chico seguira a Callahan oculto todo o traxecto e entra en escena, intercambiando disparos co asasino. Callahan logra apuñalar a Scorpio desde o chan cunha navalla que levaba oculta. Scorpio escapa ferido na coxa, pero sen os cartos. Callahan percorre as clínicas buscando algunha pista de Scorpio. Un médico que tratara a Scorpio recoñéceo e dille a Callahan que vive preto de alí, nun cuarto do xardineiro do estadio deportivo do barrio. Callahan irrompe na súa habitación sen orde xudicial e perségueo por todo o terreo de xogo, deténdoo cun disparo na perna. Nese momento comeza a torturalo, pisándolle a perna ferida para poder saber o lugar onde está enterrada a rapaza. Lógrase atopar á rapaza, pero xa morta. Scorpio é liberado sen cargos por ser detido por medios irregulares e baixo tortura. Posteriormente, Scorpio págalle a un sicario para que o golpee no rostro, e así culpar a Callahan de brutalidade policial. Finalmente, Scorpio secuestra un autobús escolar e esixe outro rescate, máis un avión. O alcalde insiste en acceder ás súa demandas, pero Callahan perségueo pola súa conta e risco e logra rescatar os nenos e matar a Scorpio.

Repercusión

[editar | editar a fonte]

Foi a primeira aparición do inspector Harry "o Sucio" Callahan, do Departamento de Policía de San Francisco, interpretado por Clint Eastwood.

O irónico retrato de Clint Eastwood coma inspector obtuso, cínico e heterodoxo que aparentemente sempre está en conflito cos seus xefes, asenta o estilo para os seus papeis seguintes, e de feito, todo un xénero de películas de anti-heroes como The French Connection. Harry Callahan é alcumado Harry o Sucio pola súa inclinación a aceptar os traballos máis penosos.

O éxito da película derivou na produción de catro secuelas. O rol de anti-heroe de Eastwood tamén foi bastante imitado con posterioridade.

Harry Callahan tamén contribuíu a popularizar o revólver Modelo 29 calibre .44 Magnum de Smith & Wesson.

Clint Eastwood non era o candidato para protagonizar o filme. O papel foi orixinalmente escrito para Frank Sinatra, pero o rompera unha boneca e encontrou a magnum demasiado pesada, polo que rexeitou a interpretación. Antes de ofrecerlle o papel a Eastwood John Wayne, Steve McQueen e Paul Newman rexeitaron encarnar ao inspector por diversas razóns. No guión orixinal a historia tiña lugar en Seattle (Washington), pero unha das condicións de Eastwood para aceptar o papel era o cambio de escenario a San Francisco, a súa cidade natal.

Scorpio, o vilán da película, está inspirado no criminal Zodiac Killer, que andaba solto en San Francisco naquela época, pero que nunca foi capturado. Audie Murphy foi proposto en primeiro lugar para o papel, pero morreu en accidente aéreo. O papel foi parar ao descoñecido Andrew Robinson. O retrato que fai Robinson do asasino foi tan realista que recibiu sucesivas ameazas de morte e acabou pedindo un número de teléfono secreto. Na vida real Robinson é pacifista, e despreza as armas. Nos primeiros días da rodaxe Robinson amosaba un aceno de desagrado ao disparar, e o director Don Siegel suspendeu a rodaxe por un tempo para mandar a Robinson a unha escola de tiro[1]. Non obstante, continuou facendo xestos ao disparar.

Miscelánea

[editar | editar a fonte]
  • O filme estivo prohibido en Finlandia até 1972 e censurado en Noruega e Portugal.
  • As escenas rodáronse en exteriores reais de San Francisco, agás a do atraco do banco, que foi filmada nunha falsa rúa de estudio para maior seguridade, pois requiría moitos efectos especiais.
  • Na escena da fuxida dos atracadores do banco pódese ver un cine no que se está a proxectar Play Misty for Me, primeira película de Eastwood como director, e na que Don Siegel tiña un pequeno papel como actor.
  • Clint Eastwood rodou persoalmente todas as escenas de perigo.
  1. www.anecdotage.com Arquivado 16 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en inglés).

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]