Dique (xeoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Pequeno dique en Baranoff, Alasca.
Diques escuros de diabasa e gabro nun paragneis nas illas Koster.[1]

En xeoloxía, un dique é unha formación ígnea intrusiva de forma tabular.[2]

O seu espesor é xeralmente moito menor que as súas restantes dimensións, e pode variar desde algúns milímetros até moitos metros, mentres que a súa extensión lateral pode alcanzar moitos quilómetros.

As intrusións de diques adoitan producirse a favor de fracturas de carácter distensivo.[3]

Un dique atravesa capas ou corpos rochosos preexistentes, o que implica que un dique é sempre máis recente que a rocha encaixante.

Case sempre presenta unha grande inclinación ou unha inclinación próxima á vertical, pero a deformación de orixe tectónica pode provocar a rotación dos estratos atravesados polo dique de tal forma que este pode volverse horizontal. As intrusións conformadas case horizontalmente ao longo de estratos denomínase sills.

Os diques ocorren con frecuencia en enxames radiais ou concéntricos ao redor de intrusións plutónicas ou xunto a zonas de alimentación de volcáns.

En termos da súa composición e textura, os diques poden ser:

Polo menos no caso dos diques basálticos, constatatouse que poden formarse baleiros no seu interior, que xeran un tipo de cova volcánica.[4]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Neste caso os diques de diabasa distónguense por atravesar aos de gabro, polo tanto formáronse despois estes últimos.
  2. Intrusión de roca en forma de muro que corta la estratificación o rellena una grieta. (Trad.: Intrusión de rocha en forma de muro que corta a estratificaciónou rechea unha fenda). dique, 1ª acep. no Diccionario esencial de las ciencias. Madrid: Real Academia de Ciencias Exactas, Físicas y Naturales / Espasa, 1999. ISBN 84-239-7921-0.
  3. Mattauer, Maurice (1976): Las deformaciones de la corteza terrestre. Barcelona: Ediciones Omega, S. A. ISBN 84-282-0440-3.
  4. Socorro & Martín (1991): "La Cueva de La Fajanita (La Palma, Canarias): cavidad volcánica formada por el drenaje parcial de un dique". 6th International Symposium on Vulcanospeleology pp. 177-184.