Plutón (xeoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Torre do Demo, en Wyoming, USA, é un plutón exposto cando se erosionou a rocha débil que o rodeaba.

En xeoloxía, un plutón é unha masa de rocha magmática que, procedente de grandes profundidades, abriuse paso entre as rochas supraxacentes, consolidándose logo antes de chegar á superficie. Un plutón forma unha intrusión moi grande, de até varios quilómetros, dentro da rocha encaixante. A maioría das veces o magma solidificou a profundidades de até 10 km, circunstancia á cal se debe que só sexan visíbeis naqueles casos en que todo o manto de rocha que os cubría foi eliminado pola erosión. Os máis característicos son os sills, os batólitos e os lacólitos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Glazner, Allen F.; John M. Bartley; Drew S. Coleman; Walt Gray & Ryan Z. Taylor (2004): "Are plutons assembled over millions of years by amalgamation from small magma chambers?". GSA Today. 14 (4-5): 4-11. Resumo.
  • Young, Davis A. (2003): Mind Over Magma: the Story of Igneous Petrology. Princeton University Press. ISBN 0-691-10279-1.

Outros artigos[editar | editar a fonte]