Saltar ao contido

Dinocariotas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dinokaryota»)
Dinokaryota

"Peridinea" na obra de Ernst Haeckel Kunstformen der Natur, 1904
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Chromalveolata
Superfilo: Alveolata
Filo: Dinoflagellata
Superclase: Dinokaryota
Cavalier-Smith, 1993[1]

Os dinocariotas (Dinokaryota) é a clase (ou superclase) principal dos dinoflaxelados. Neles inclúense todas as especies nas que o núcleo permanece como dinocarion durante todo o seu ciclo vital, o cal está tipicamente dominado polo estadio haploide. Todos os dinoflaxelados "típicos", como Peridinium e Gymnodinium, pertence a este grupo. Outros son máis infrecuentes, como algúns que son coloniais, ameboides, ou parasitos. O xénero Symbiodinium comprende as zooxantelas simbióticas.

Os membros non fotosintéticos do grupo crese que derivan de devanceiros fotosintéticos.[2]

O outro grupo de dinoflaxelados alternativo aos Dinokaryota son os Syndiniales, que carecen de dinocarion.

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Os dinoflaxelados poden clasificarse pola súa morfoloxía en dous grupos:

As especies con teca poden dividirse en catro ordes, baseándonos na disposición das placas das súas armaduras:

Os Peridiniales son probablemente parafiléticos con respecto aos outros, e nas árbores de ARNr están mesturados coas especies que carecen de teca. As outras tres ordes son probablemente monofiléticas, e Dinophysiales e Prorocentrales están moi emparentados entre eles, e comparten a presenza dunha sutura saxital que divide a teca en dúas.

Porén, nas árbores de ARNr a posición de Prorocentrales é tamén controvertida.[3]

Os grupos de dinoflaxelados sen teca son grupos artificiais, e a maioría polifiléticos. Moitos dos xéneros, como Gymnodinium e Amphidinium, son tamén polifiléticos. Porén, algúns poden ser grupos practicamente monofiléticos, como Suessiales, e outros non foron estudados filoxeneticamente.

Blastodiniales

[editar | editar a fonte]

Hai tamén un grupo de dinoflaxelados parasitos denominado Blastodiniales que non teñen dinocarions durante o seu estado trófico. Debido a isto, foron tratados como unha clase separada denominada Blastodiniphyceae, pero algúns deles ou todos puideron terse orixinado dentro das Dinophyceae.