Saltar ao contido

Ceratium

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ceratium é tamén un nome sinónimo do xénero de orquídeas Eria.

Ceratium é un xénero de protistas dinoflaxelados[1] da orde Gonyaulacales[2], que presenta dous flaxelos heterocontos no sulco e no cíngulo. As placas da teca presentan prolongacións moi longas. As súas células son asimétricas, comprimidas dorsiventralmente, con placas grosas e ben visibles, a miúdo reticuladas, con procesos ou cornos, un anterior e 2 ou 3 posteriores; na parte media ventral localízase unha placa grosa e desenvolvida. Con cromatóforos discoideos e numerosos amarelos, marróns ou verdes[3]. Presenta cloroplastos e son de cor amarela-marrón.[4] Son especies acuáticas xeralmente de augas salgadas, e unhas poucas de auga doce. Algunhas especies poden proliferar en grandes cantidades orixinando mareas vermellas, aínda que non son tóxicos, e outras son bioluminescentes.[4][5]

  1. Hoek, Christiaan van den; D. G. Mann; H. Martin Jahns (1996). Algae: An Introduction to Phycology (1st ed.). Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 978-0-521-31687-3.
  2. Fensome RA, Taylor FJR, Norris G, Sarjeant WAS, Wharton DI, Williams GL. 1993. A classification of living and fossil dinoflagellates. Micropaleontology Special Publication, Vol. 7. Sheridan Press, Hanover, PA, USA.
  3. Kara Rogers. Fungi, Algae, and Protists. Google books. Páxina 190
  4. 1 2 John J. Lee, Gordon F. Leedale, Phyllis Bradbury (Hrsg.): Illustrated Guide to the Protozoa, 2nd Edition. Bd. 1, Society of Protozoologists, Lawrence, Kansas 2000, ISBN 1-891276-22-0, S. 670.
  5. Andreas Bresinsky, Christian Körner, Joachim W. Kadereit, Gunther Neuhaus, Uwe Sonnewald: Lehrbuch der Botanik. Begründet von Eduard Strasburger. 36. Auflage. Spektrum Akademischer Verlag, Heidelberg 2008, ISBN 978-3-8274-1455-7, S. 703.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]