Gonyaulax

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Gonyaulax
Clasificación científica
Dominio: Eukaryota
Reino: Chromalveolata
Superfilo: Alveolata
Filo: Dinoflagellata
Orde: Gonyaulacales
Xénero: Gonyaulax
Especies

Especie tipo: Gonyaulax spinifera

Gonyaulax é un xénero de dinoflaxelados, que ten como especie tipo a Gonyaulax spinifera (Claparède et Lachmann) Diesing.

A fórmula das placas da teca do xénero Gonyaulax Diesing foi redefinida como Po, 3’, 2a, 6”, 6c, 4-8s, 5’”, 1p, 1””.[1]

Gonyaulax spinifera foi relacionada coa produción de yessotoxinas (YTXs), un grupo de toxinas poliéteres estruturalmente relacionadas descubertas inicialmente na vieira Patinopecten yessoensis, que se poden acumular no marisco e poden producir síntomas similares aos producidos pola toxina PSP dos moluscos.[2]

Todas as especies son mariñas, excepto unha única especie de auga doce chamada Gonyaulax apiculata.[1] Algunhas especies son bioluminescentes.[3]

O xénero incluía inicialmente varias especies que agora se considera que pertencen a outros xéneros, por exemplo: Gonyaulax tamarensis (agora Alexandrium tamarense), Gonyaulax grindleyi (agora Protoceratium reticulatum) e Gonyaulax polyedra (agora Lingulodinium polyedrum).[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Dodge J.D. 1989. Some revisions of the family Gonyaulacaceae (Dinophyceae) based on scanning electron microscope study. Bot. Mar. 32: 275-298.
  2. Paz et al. 2008. Yessotoxins, a Group of Marine Polyether Toxins: an Overview. Mar. Drugs 2008, 6, 73-102; DOI: 10.3390/md20080005
  3. "Gonyaulax bioluminescence". Arquivado dende o orixinal o 14 de febreiro de 2015. Consultado o 01 de decembro de 2014.