Dimitrios Trakatellis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDimitrios Trakatellis

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de febreiro de 1928 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Tesalónica (Segunda República Helénica) Editar o valor em Wikidata
Arcebispo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGrecia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoGregos Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - Novo Testamento, historia do cristianismo
Experimental School of Thessaloniki (en) Traducir
Universidade de Atenas - teoloxía
Harvard Divinity School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónministro Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua grega moderna e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Familia
IrmánsAntonios Trakatellis (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webgoarch.org… Editar o valor em Wikidata

Dimitrios Trakatellis (en grego: Δημήτριος Τρακατέλλης), nado en Tesalónica (Grecia) o 1 de febreiro de 1928 é un bispo e teólogo ortodoxo, arcebispo de América dende 1999.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Tesalónica, Grecia, o 1 de febreiro de 1928.[1] En 1950 graduouse pola Escola de Teoloxía da Universidade de Atenas.[1]

Foi ordenado diácono en 1960, e sacerdote en 1964.[1] Entre 1965 e 1971 estudou na Universidade Harvard, doutorándose en 1972.[1] Durante este período, en 1967 foi elixido bispo de Vresthena, un bispado auxiliar do arcebispado de Atenas coa responsabilidade da educación teolóxica do clero.[1] Foi consagrado bispo o 17 de setembro de 1967.[1] En 1968 foi elixido metropolita de Ática, mais non aceptou o posto por mor das condicións políticas do momento.[1] Ao rematar o doutoramento, volveu á arquidiocese de Atenas.

Entre 1983 e 1993 foi profesor de Estudos bíblicos na Escola Teolóxica Ortodoxa Grega da Santa Cruz; tamén foi profesor entre 1984 e 1985 e entre 1988 e 1989 na Escola de Teoloxía Harvard.[1]

O 19 de agosto de 1999 foi elixido arcebispo de América polo Sínodo do Patriarcado Ecuménico, tomando posesión da sé o 18 de setembro seguinte.[1] Entre 1999 e 2009 foi tamén presidente da Conferencia Permanente dos Bispos Ortodoxos Canónicos nas Américas, suprimida en xuño de 2009 xunto coa creación da Asemblea de Bispos Ortodoxos Canónicos en América do Norte e Central.[1]

O 19 de febreiro de 2004 foi elixido membro do Sínodo do Patriarcado Ecuménico. En 2006 participou activamente na visita do papa Bieito XVI ao Patriarcado, como voceiro oficial.[1] Novamente, en 2008 e por encargo de Bartolomeu, encabezou unha delegación que visitou Roma na festa dos santos Pedro e Paulo, e tivo unha audiencia privada co mesmo papa.[1]

Retirouse o 9 de maio de 2019.[1]

Premios e distincións[editar | editar a fonte]

Ao longo dos anos, o arcebispo Trakatellis recibiu varios doutoramentos honoris causa: en 1999 polo Richard Stockton College (hoxe Universidade Stockton),[2].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 "Biography of His Eminence Archbishop Demetrios". Greek Orthodox Archdiocese of America (goarch.org) (en inglés). Consultado o 29/05/2022. 
  2. "Honorary Degrees & Distinguished Service Recipients". Universidade Stockton (stockton.edu) (en inglés). Consultado o 29/05/2022. 1999. His Eminence Archbishop Trakatellis, Doctor of Humane Letters, Greek Orthodox Church