Dietrich Kraiss

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dietrich Kraiss
Bundesarchiv Bild 146-1984-058-20A, Dietrich Kraiss.jpg
Dietrich Kraiss
Nome completo Dietrich Kraiss
Nacemento Stuttgart
Defunción Normandía
Fidelidade Wehrmacht (Alemaña)
Rango Xeneral
Mandos 168ª División de Infantería
335ª División de Infantería
352ª División de Infantería
Batallas/Guerras Segunda Guerra Mundial
Operación Overlord

Dietrich Kraiss (nado o 16 de novembro de 1889 en Stuttgart, Alemaña; e falecido o 6 de xuño de 1944) foi un militar alemán da Wehrmacht.

Kraiss foi comandante do 90° Rexemento de Infantería (setembro de 1939 a marzo de 1941), da 168ª División de Infantería (xullo de 1941 a marzo de 1943) e da 335ª División de Infantería até maio de 1943. En novembro de 1943 tomou o mando da 352ª División de Infantería, que en 1944, xunto a outras 6 divisións, foi localizada en Normandía, onde fixo fronte ao desembarco dos Aliados (Operación Overlord). A súa División mantivo as posicións defensivas nos arredores de Saint-Lô (a capital das ruínas). Morreu durante a Batalla de Normandía na Praia de Omaha debido á metralla explosiva, que practicamente o desintegrou. A súa morte desalentou ás tropas alemás, propiciando a rendición xermana.