Saltar ao contido

Diego Pampín

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pampín
Información persoal
Nome Diego Varela Pampín
Nacemento 15 de marzo de 2000
Lugar de nacemento Oleiros
Altura 1,73 m.
Posición dianteiro
Información de club
Club actual Levante
Carreira xuvenil
Ural
–2014 Victoria
2014–2018 Celta de Vigo
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2017–2022 Celta B 131 (3)
2022–2024 Andorra 65 (1)
2024– Levante 0 (0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 20 de agosto de 2024.
editar datos en Wikidata ]

Diego Varela Pampín, nado en Oleiros o 15 de marzo de 2000, é un futbolista galego que xoga de lateral esquerdo no Levante, da Segunda División.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Formouse nas canteiras do Ural e do Victoria coruñeses, antes de ingresar no Celta de Vigo en idade cadete.[1] Tras pasar ao equipo xuvenil, con 17 anos debutou co Celta B na Segunda División B e foi un habitual nas aliñacións titulares do filial durante os seguintes cinco anos. Disputou un total de 131 partidos co Celta B, nos que marcou tres goles.

En 2022 fichou polo Andorra, co que xogou durante dous anos na Segunda División, acumulando 67 partidos entre liga e Copa do Rei. En 2024 converteuse en novo xogador do Levante, da mesma categoría.[2]

  1. "Diego Pampín: “Nuestra victoria en Riazor rompió la cuerda y poco a poco fue cayendo todo”". DxT Campeón (en castelán). 20 de agosto de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 
  2. "Diego Pampín se convierte en jugador del Levante UD" (en castelán). 22 de xullo de 2024. Consultado o 20 de agosto de 2024. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]