Diario do Támega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Diario do Támega
Fundación2019
Na rede
https://www.diariodotamega.es/
editar datos en Wikidata ]

Diario do Támega é o primeiro xornal dixital dos concellos da comarca de Verín, na provincia de Ourense, e cobre todo tipo de información de interese, dende política até cultural.

Historia[editar | editar a fonte]

O seu editorial de presentación data do 12 de febreiro do 2019, e o seu primeiro produto xornalístico —unha entrevista a Ana María Villarino Pardo—, do 15 de febreiro.[1] Nese mes do Entroido, as celebracións da zona contaron con ampla cobertura. Polas condicións actuais, o traballo de Diario do Támega conta cunha estrutura sinxela: a dirección -que ten funcións de administración, redacción e edición- coordina a actividade dos colaboradores —tanto xornalistas como profesionais audiovisuais— e dos comerciais. Finánciase a través das doazóns que os lectores aportan e tamén da publicidade de entidades públicas e privadas.

Cobertura[editar | editar a fonte]

O Diario do Támega oferta cobertura nas localidades dos concellos que comprenden a Comarca de Verín —Castrelo, Cualedro, Monterrei, Oímbra, Laza, Riós, Verín e Vilardevós— prestando atención tamén á actualidade dos veciños de Conso-Frieiras e dos limítrofes con Portugal. O xornal dixital aspira a ser o medio de comunicación de referencia deste territorio.

Nolas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]