Diana López Varela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDiana López Varela

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1986 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidad Nacional de Educación a Distancia
Universidade San Pablo CEU
Universidade de Vigo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora , xornalista , guionista Editar o valor em Wikidata

Instagram: diana.lovar Editar o valor em Wikidata
Diana López Varela

Diana López Varela, nada en Pontevedra en 1986, é unha xornalista, guionista e escritora galega.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Xornalismo na Universidade de Santiago en 2008 e fixo mestrados na Universidade San Pablo CEU (2010), na Universidade de Vigo (2012) e na UNED (2019).[3]

Ten traballado como xornalista no Diario de Pontevedra, Diario de Arousa, Radio Galega (Galicia por diante), VEO 7, Telecinco e Telelugo (presentou e dirixiu De tarde en tarde). Tamén colaborou en Jot Down, Elnacional.cat, Luzes de Galicia, Yes (La Voz de Galicia), Público, Onda Cero[4] (Un alto en el camino, desde 2017).

En 2012 abriu o blog Suspenso en Religión[5] no que publicou o artigo "Mi coño", sobre o aborto, que tivo moita repercusión nos medios.[6]

Desde 2018 organiza con Susana Pedreira o congreso As Mulleres que Opinan son Perigosas, encontro de mulleres columnistas que se celebra en Pontevedra arredor do 8 de marzo.[7]

Ten participado en múltiples palestras, encontros etc sobre xénero e feminismo.[3]

Obra[editar | editar a fonte]

Obra colectiva[editar | editar a fonte]

  • Todas Contamos. Antología benéfica (2019). Amazon.[9] (en castelán)
  • As mulleres que opinan son perigosas (2022). Con Susana Pedreira. Deputación de Pontevedra.[10]

Guionista[editar | editar a fonte]

  • O gato con botas, 4 tempadas na TVG.[11]
  • Land Rober Tunai Show, 4ª tempada, TVG.
  • Vou que teño que ir, TVG[12]
  • Clases de lo Social, webserie, 2ª tempada
  • Superpunky, curta musical
  • Feminazi, curta
  • 25 anos de Cinema Galego, documental, en colaboración.
  • Memorias de un Hombre en Pijama, película de animación.
  • Mañana no te Olvides, película.
  • O home e o can, película[13]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Diana López Varela". guionistas.gal. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2021. Consultado o 2022-03-23. 
  2. "Diana López Varela". PlanetadeLibros (en castelán). Consultado o 2022-03-23. 
  3. 3,0 3,1 Admin. "sobre mí – DIANA LÓPEZ VARELA" (en castelán). Consultado o 2022-03-23. 
  4. "Diana López Varela: “La anorexia fue el bicho de mi adolescencia, una etapa sobre la que nunca había escrito" Onda Cero Radio". www.ondacero.es (en castelán). 2021-02-18. Consultado o 2022-03-23. 
  5. Galiciae. "Galiciae". Galiciae (en castelán). Consultado o 2022-03-23. 
  6. "Entrevista. Diana López Varela nos cuenta por qué España no es país para coños. Cactus" (en castelán). 2016-12-21. Arquivado dende o orixinal o 09 de outubro de 2017. Consultado o 2022-03-23. 
  7. "As mulleres que opinan son perigosas". IGUALDADE do Concello de Pontevedra. Consultado o 2022-03-23. 
  8. "«No es país para coños» en teatro". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-12-29. Consultado o 2022-03-23. 
  9. "Todas contamos". Silvia Sancho (en castelán). 2019-04-02. Consultado o 2022-03-23. 
  10. "Noticia - A memoria de “As mulleres que opinan son perigosas” chega en formato libro - edepo - Liferay". edepo. Consultado o 2022-03-23. 
  11. "O gato con botas CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-03-23. 
  12. "Vou que teño que ir CRTVG". www.crtvg.es. Consultado o 2022-03-23. 
  13. Nouche, Juan (2019-06-10). "O Home e o Can » Ézaro Films". Ézaro Films (en castelán). Consultado o 2022-03-23. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]