Dialecto altonavarro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Dialecto alto-navarro»)
Clasificación dialectal de Louis-Lucien Bonaparte.

O altonavarro é un dialecto da lingua éuscara que se fala na parte central e norte de Navarra así como no extremo oriental de Guipúscoa. A súa denominación débese á clasificación feita por Louis Lucien Bonaparte a finais do século XIX, que á súa vez tiña dúas variantes, altonavarro meridional e altonavarro setentrional. Posteriores estudos, como os realizados por Koldo Zuazo, denominaron este dialecto como éuscaro navarro.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]