Dialecto arabés
O dialecto arabés é unha variante da lingua éuscara xa extinta na súa forma falada (falándose unicamente éuscaro dialectal, concretamente o biscaíño, en territorio arabés no val de Aramaio e nos municipios próximos), pero conservado en manuscritos escritos por diversos autores en distintas épocas:
- Nas táboas atopadas en Iruña-Veleia
- Segundo J. de Urquijo (Gure Herria, XIII, 1933, páxs. 11-13) e, sobre todo, L. Michelena (Textos arcaicos vascos, en Biblioteca vasca, VIII, Madrid, 1964, páxs. 42-44), o autor das Glosas puido ser arabés, rioxano ou navarro.
- Dictionarium linguae cantabricae (Bocabularioa ezqueraz jaquiteco eta ezqueraz verba eguiteco) de Nicolao Landuchio data de 1562 e foi publicado en Vitoria.
- O texto recentemente descuberto do arabés Juan Pérez de Lazarraga que data de 1564-1567
- A primeira doutrina que se conserva en éuscaro, a Doutrina Cristiá en Romance e Basco, foi obra de Juan Perez de Betolaza, natural de Betolatza;
O éuscaro de Áraba debía ter certa similitude co biscaíño, polo menos na parte occidental e central, pois na oriental tiña puntos en común co guipuscoano e co alto navarro. Segundo as últimas clasificacións, este éuscaro arabés pódese dividir en tres variedades: a occidental, a central e a oriental na zona lindeira con Biscaia e Guipúscoa. Na zona máis interior especúlase coa súa separación como dialecto diferenciado do biscaíño e guipuscoano, pero ante a falta de escritos é imposible sabelo. Quizais cos últimos descubrimentos en Iruña-Veleia se poida facer algunha conxectura.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]- Éuscaro
- Euskaltzaindia
- Éuscaro batua
- Dialecto biscaíño
- Dialecto alto-navarro
- Dialecto labortano
- Dialecto baixo-navarro
- Dialecto suletino
- Dialecto labortano
- Dialecto guipuscoano
- Dialecto roncalés
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Arabako toponimoetan eta garai hartako Arabako euskal idazleen testuetan oinarritua dago mapa". Iturria: Koldo Zuazo (1997), «Euskara Araban», Uztaro, 21:79-95