Dez negriños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Dez negriños
Título orixinalAnd Then There Were None (Ten Little Niggers)
Autor/aAgatha Christie
OrixeGBR
LinguaInglés (orixinal)
ColecciónBiblioteca Agatha Christie
Tema(s)Policiaco
Xénero(s)Novela policial
EditorialGalaxia
Data de pub.6 de novembro de 1939
1 de outubro de 2003 (galego)
Páxinas224
ISBNISBN 978-84-8288-586-5
editar datos en Wikidata ]

Dez negriños (no orixinal inglés And Then There Were None) é unha novela de misterio tradicional da escritora inglesa Agatha Christie, descrita por ela como a máis difícil de escribir dos seus libros. Publicouse por primeira vez no Reino Unido polo Collins Crime Club o 6 de novembro de 1939, como Ten Little Niggers,[1] baseada nunha canción infantil, que serve como argumento principal.[2][3]

A edición estadounidense lanzouse en xaneiro de 1940 co título And Then There Were None, que está extraído das últimas cinco palabras da canción.[4] Todas as sucesivas reimpresións e adaptacións americanas usan ese título, agás os libros de peto de Pocket Books publicados entre 1964 e 1986, que apareceron baixo o título Ten Little Indians.

É o libro de misterio máis vendido do mundo e con máis de 100 millóns de exemplares vendidos é un dos libros máis vendidos de todos os tempos. Publications International enumera a novela como o sexto título máis vendido.[5]

Resumo da trama[editar | editar a fonte]

Un 8 de agosto a finais dos anos 30, oito persoas chegan a unha pequena e solitaria illa fronte á costa de Devon en Inglaterra, a illa do Negro. Cada un ten unha invitación adaptada ás súas circunstancias persoais, como unha oferta de emprego ou unhas vacacións inesperadas a finais do verán. Son recibidos por Thomas e Ethel Rogers, o mordomo e a cociñeira e ama de chaves, que afirman que os seus anfitrións, o señor Ulick Norman Owen e a súa muller a señora Una Nancy Owen, a quen aínda non coñecen en persoa, non chegaran, pero deixaron instrucións, algo que parece estraño a todos os invitados.

Unha copia enmarcada dunha canción infantil, "Ten Little Niggers"[6] (chamada "Ten Little Indians" ou "Ten Little Soldiers" en posteriores edicións), colga na habitación de todos os hóspedes, e no salón, no centro dunha mesa redonda nunha bandexa de cristal atópanse dez figuriñas de porcelana, os dez negriños da canción infantil.

Dez negriños saíron a cear
un atragoouse e así quedaron nove.
Nove negriños quedaron espertos ata moi tarde;
un quedou durmido e así quedaron oito.
Oito negriños viaxaron por Devon;
un dixo que ficaría alí e así quedaron sete.
Sete negriños curtaron leña;
un deles cortouse en dúas metades e así quedaron seis.
Seis negriños xogaron cunha colmea;
unha abella picou un deles e así quedaron cinco.
Cinco negriños estudaron a carreira de Dereito;
un converteuse en maxistrado e así quedaron catro.
Catro negriños foron ao mar;
un arenque tragou un e así quedaron tres.
Tres negriños paseaban polo zoo;
un grande oso matou un deles e así quedaron dous.
Dous negriños sentáronse ao sol;
un deles torrouse e só quedou un.
Só quedou un negriño;
Aforcouse e non quedou ¡ningún!

Esta é unha das versións. Orixinalmente, en vez das palabras soldier boys (soldados) ía a palabra niggers (negros) o indians (indios), que se substituíron por ser politicamente incorrectas.

Despois da cea, reprodúcese un disco de gramófono (ou "fonógrafo"), a gravación acusa a cada visitante de cometer un asasinato e pregunta se algún dos "acusados" desexa defenderse. Anthony Marston e Philip Lombard admiten os cargos contra eles, ambos casos por irresponsabilidades que provocaronn mortes, e que non foron asasinatos como se definen normalmente.

Descobren que ningún deles coñece aos Owens e o xuíz Wargrave conclúe que o nome "U N Owen" é un xogo que significa unknown ("Descoñecido"). Marston remata a bebida e morre inmediatamente por intoxicación por cianuro. O doutor Armstrong confirma que non hai cianuro nas bebidas servidas a Marston, o que indica que se suicidou.

Á mañá seguinte, atopan o cadáver da señora Rogers na súa cama, morreu mentres durmía. Descoñécen a causa, pero algúns dos hóspedes sospeitan que o seu marido a envelenou por medo a que confesase o crime dos que están acusados ​​na gravación. Á hora do xantar, o xeneral MacArthur é atopado morto, dun forte golpe na cabeza. Tres das figuriñas están rotas e de novo as mortes son paralelas á canción.

Os invitados comezan a sospeitar que U N Owen os asasina sistematicamente. A busca de Owen non dá resultados. A illa é unha "rocha espida" sen escondedoiros e ninguén podería chegar nin saír, así, conclúen que unha das sete persoas restantes é o asasino. Wargrave dirixe ao grupo á hora de determinar que ata agora ningún deles pode ser definitivamente descartado como asasino. Á mañá seguinte, Rogers é atopado morto mentres picaba leña. Despois do almorzo, Emily Brent é atopada morta no salón, onde quedara soa despois de queixarse ​​de sentirse mal, inxectáronlle cianuro de potasio cunha agulla hipodérmica.

Wargrave suxire buscar en todas as habitacións e encerrar a calquera potencialmente perigoso. Falta a pistola de Lombard do seu cuarto. Cando Vera sobe a bañarse, queda impactada polo tacto e o cheiro das algas deixadas colgadas do teito da súa habitación e grita, o resto de hóspedes corren cara a arriba ata o seu cuarto. Wargrave, con todo, queda abaixo. Os demais atópano sentado, inmóbil e toscamente vestido co traxe de xuíz. Wargrave é examinado por Armstrong e é declarado morto por un disparo na testa.

Esa noite, Lombard atopa a súa arma devolta ao seu cuarto. Henry Blore albisca a alguén que sae da casa pero perde o rastro. Só Armstrong está ausente do seu cuarto. Vera, Blore e Lombard deciden estar xuntos en todo momento. Pola mañá, envían sinais de SOS ao continente desde fóra usando un espello e luz solar, pero non reciben resposta. Blore volve á casa a comer só e é asasinado cunha pesada estatua de reloxo en forma de oso que é empurrada desde o peitoril da fiestra de Vera, esmagándolle o cranio. Dado que ningún deles estaba preto da casa cando se produciu a morte, Vera e Lombard concluíron que Armstrong é o asasino.

Vera e Lombard atopan o corpo de Armstrong varado na praia. Cada un conclúe que o outro debe ser o asasino. Vera suxire mover o corpo do doutor á beira da costa como un xesto de respecto polos mortos, pero é un pretexto. Mentres moven o corpo, ela empuña a arma de Lombard. Cando Lombard lánzase contra ela para recuperala, ela pégalle un tiro.

Volve á casa nun estado onírico tremoroso, aliviada de estar viva. Atopa unha soga e unha cadeira dispostas no seu cuarto e un forte cheiro a mar. Presionada pola culpabilidade do crime do que é acusada, provocar o afogamento dun rapaz ao seu cargo porque deulle prioridade ao seu amante pola súa herdanza,afórcase segundo o último verso da rima.

Os funcionarios de Scotland Yard están desconcertados por quen puido matar os dez. Reconstrúen as mortes de Marston a Wargrave coa axuda dos diarios das vítimas e o informe dun forense e determinan sistematicamente que ningunha das últimas catro vítimas (Armstrong, Blore, Lombard ou Claythorne) puido ser o asasino, xa que houbo algunha forma de limpeza despois de todas as súas mortes, agás a de Blore (por exemplo, a cadeira sobre a que subíuse Vera para colgarse fora colocada de novo en posición vertical), e un suicidio por un reloxo caído parece máis alá do ámbito da probabilidade. Isaac Morris, avogado e traficante de drogas, comprou a illa, organizou as invitacións, ordenou a produción do disco de gramófono e dixo aos habitantes da próxima Sticklehaven que ignorasen os sinais de axuda, citando unha aposta por vivir nunha "illa deserta" durante unha semana. Non obstante, Morris morreu dunha sobredose de barbitúricos na noite do 8 de agosto.

Un buque pesqueiro colle unha botella dentro das súas redes de arrastre; a botella contén unha confesión escrita dos asasinatos, que logo se envía a Scotland Yard. Na confesión, o xuíz Wargrave escribe que durante toda a súa vida tivo dous impulsos contraditorios: un desexo salvaxe de sangue e un forte sentido da xustiza. Durante a maior parte da súa vida, satisfixo os dous desexos a través da súa profesión como xuíz. Non obstante, o desexo de cometer un asasinato coas súas propias mans e o seu diagnóstico dunha enfermidade terminal motivárono a orquestrar un asasinato masivo de persoas que foron asasinas segundo o seu xuízo pero que non podían ser procesadas segundo a lei. Antes de partir á illa, deu a Morris barbitúricos para que os tomase para tratar unha indixestión. Enganou a Armstrong para que o axudase a falsificar a súa propia morte co pretexto de que axudaría ao grupo a identificar ao asasino. Usou a pistola e algúns elásticos para asegurar que a súa verdadeira morte coincidise coa conta dos diarios dos invitados. Aínda que desexaba crear un misterio irresoluble, recoñece na misiva unha "lamentable necesidade humana" de recoñecemento, de aí a confesión.

Personaxes[editar | editar a fonte]

Os seguintes detalles dos personaxes están baseados na novela orixinal publicada en Inglaterra.

  • Anthony James Marston, un mozo guapo pero amoral e irresponsable, que matou a dous nenos pequenos (John e Lucy Combes) mentres conducía temerariamente estando bébedo, polo que non sente arrepentimento e non acepta responsabilidade persoal, queixándose só de que como resultado o seu permiso de conducir foralle retirado. É a primeira vítima da illa, envelenado coa súa brbida e asfixiado. ("Un atragantouse...").
  • Mrs Ethel Rogers, a cociñeira / ama de chaves e a muller de Thomas Rogers, descrita como unha muller pálida e fantasmal que anda con medo mortal. Está dominada polo seu intimidatorio marido, que supostamente a coaccionou para negarlle a medicina a unha antiga empregadora (a señorita Jennifer Brady, unha solteirona muller de idade avanzada) para que puidesen recoller unha herdanza que sabían deixaralles no seu testamento. A señora Rogers foi perseguida polo crime o resto da súa vida e é a segunda vítima, morre durmindo. ("Un quedou durmido...").
  • O xeneral John Gordon MacArthur, un heroe de guerra retirado da primeira guerra mundial, que enviou á morte á amante da súa defunta muller (un oficial máis novo, Arthur Richmond) destinándoo a unha misión onde estaba practicamente garantido que non sobreviviría. Leslie MacArthur puxera erroneamente as cartas nos sobres equivocados nunha ocasión cando escribiu aos dous homes ao mesmo tempo. O xeneral dille a Vera que ninguén sairá vivo da illa e máis tarde é atopado morto cun forte golpe na cabeza. ("Un dixo que quedaría alí ...").
  • Thomas Rogers, o mordomo e marido de Ethel Rogers. El domina á súa débil esposa, e supostamente mataron a súa antiga señora negándolle os medicamentos, facendo que a muller morrese por insuficiencia cardíaca, herdando así o diñeiro que lles legou no seu testamento. A pesar da morte da súa muller, Rogers segue servindo aos demais e é asasinado cun machado mentres picaba madeira. ("Un cortouse á metade ...").
  • Emily Caroline Brent, unha anciá e piadosa muller que acepta as vacacións na illa en gran parte debido aos seus problemas económicos. Anos antes, despedira á súa criada adolescente, Beatrice Taylor, por quedar embarazada fóra do matrimonio. Beatrice, que xa fora rexeitada polos seus pais polo mesmo motivo, tirouse ao río e afogou, cousa que a señorita Brent consideraba un pecado aínda peor. O asasino mete unha abella na habitación, morre polo veleno. ("Unha abella picou un ...")
  • O doutor Edward George Armstrong, un médico de Harley Street, responsable da morte dunha paciente, Louisa Mary Clees, despois de que a operara estando borracho moitos anos antes. Wargrave o engana para atoparse no alto dun cantil sobre o mar onde o empurra e afoga. ("Un arenque tragou un ...").
  • William Henry Blore, ex inspector de policía e agora investigador privado, acusado de falsear o seu testemuño no xulgado por un suborno dunha perigosa banda criminal, o que resultou que un home inocente, James Landor, fora declarado culpable e condenado a cadea perpetua. Landor, que tiña muller e un fillo pequeno, morreu pouco despois no cárcere. Blore chega baixo o alias "Davis" de Suráfrica, á illa para un "traballo de seguridade". O seu verdadeiro nome revélase na gravación do gramófono. Nega a acusación contra el pola gravación do gramófono, pero máis tarde recoñece a verdade a Lombard. É esmagado por un reloxo de mármore con forma de oso. ("Un gran oso matou a un ...").
  • Philip Lombard, un soldado da fortuna. Literalmente baixo esta na súa última comida completa cando coñece a Isaac Morris, quen faille a proposta que leva a Lombard á illa. Leva un revólver cargado, como Morris dera a entender que gustaríalle facelo. Lombard é acusado de causar a morte de varios membros das tribos de África Oriental, despois de roubarlles a comida e abandonalos á morte. Nin el nin Marston senten ningún arrepentimento. É o único que teoriza que Wargrave podería ser "U N Owen", pero os demais desbotan a idea. El e Vera son as únicas vítimas que non matou o xuíz Wargrave, xa que Vera dispáralle na praia. ("Un deles torrouse ...").
  • Vera Elizabeth Claythorne, unha moza fría, eficiente e con recursos que está de baixa no seu posto de mestra de deportes nunha escola de nenas de terceira categoría. Unha vez foi [[institutriz] empregada pola rica familia Hamilton, pero foi despedidae despois de que o neno ao seu cargo, Cyril, afogase. Máis tarde revélase que deixou afogar ao rapaz para que o seu tío Hugo puidese herdar a propiedade familiar e casar con ela. Hugo rexeitouna cando decatouse do que ela fixera. Nun estado postraumático despois de disparar a Lombard, atopa unha soga no seu cuarto, e cólgase. ("quedou un e aforcouse ...").
  • O xuíz Lawrence John Wargrave, un xuíz xubilado, coñecido como "xuíz forca" por sentenciar habitualmente coa pena de morte en casos de asasinato. Wargrave está acusado de influír no xurado para que ditara un veredicto de culpabilidade contra Edward Seton, un home que moitos pensaban inocente do seu crime de matar unha anciá e condenalo a morte inxustamente. Como comentan os dous policías de Scotland Yard, novas probas, despois da execución de Seton, demostraron a culpa de Seton. Wargrave admite na súa posdata que sempre tivo impulsos homicidas, pero o seu sentido da xustiza impediulle actuar en consecuencia, así, condena á morte a acusados ​​culpables como un medio para satisfacer estes impulsos contraditorios. Cando se lle diagnostica unha enfermidade terminal, idea e realiza un complot para matar a un grupo de persoas que cre que o merecen. A súa falsa morte é a quinta, correspondente á liña "Un converteuse en maxistrado ...".
  • Isaac Morris é un avogado pouco ético e antigo narcotraficante contratado por Wargrave para mercar a illa (co nome de "UN Owen"), organizar a gravación do gramófono e facer xestións no seu nome, incluíndo a recompilación de información sobre o case indixente Philip Lombard, a quen da algo de diñeiro para que se amañara e recomendoulle a Lombard que levase a arma á illa. A de Morris é a primeira morte cronoloxicamente, xa que morre antes de que os hóspedes cheguen á illa. Anos antes, Morris vendera estupefacientes á filla dun dos amigos de Wargrave; converténdoa en adicta e suicidándose máis tarde. Un hipocondriaco, Morris acepta un cóctel letal de pílulas de Wargrave para axudar a tratar as súas enfermidades físicas en gran parte imaxinadas.
  • Fred Narracott, o barqueiro que leva aos hóspedes á illa. Despois de facelo, non volve aparecer na historia, aínda que o inspector Maine observa que foi Narracott quen, ao sentir que algo ía mal, regresou á illa en canto o tempo o permitiu, antes do previsto, e atopou os cadáveres. Maine especula que foi a normalidade e a cotidianidade dos convidados os que convenceron a Narracott de facelo e ignorar as súas ordes de desestimar os sinais que solicitaban axuda.
  • Sir Thomas Legge e o Inspector Maine, dous detectives de Scotland Yard que comentano caso no epílogo. Razoan os acontecementos do caso, pero descoñecen quen foi o asasino ata que sae á luz a confesión.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Review of Ten Little Niggers". The Observer. 5 de novembro de 1939. p. 6. 
  2. Peers, Chris; Spurrier, Ralph; Sturgeon, Jamie (1999). Collins Crime Club: a checklist of the first editions (2nd ed.). London, UK: Dragonby Press. p. 15. ISBN 1-871122-13-9. 
  3. Pendergast, Bruce (2004). Everyman's Guide to the Mysteries of Agatha Christie. Victoria, British Columbia: Trafford Publishing. p. 393. ISBN 1-4120-2304-1. 
  4. "American Tribute to Agatha Christie: The Classic Years 1940–1944". J S Marcum. maio 2004. Consultado o 16 de outubro de 2018. 
  5. Davies, Helen; Dorfman, Marjorie; Fons, Mary; Hawkins, Deborah; Hintz, Martin; Lundgren, Linnea; Priess, David; Clark Robinson, Julia; Seaburn, Paul; Stevens, Heidi; Theunissen, Steve (14 de setembro de 2007). "21 Best-Selling Books of All Time". Editors of Publications International, Ltd. Arquivado dende o orixinal o 07 de abril de 2009. Consultado o 25 de marzo de 2009. 
  6. Christie, Agatha (1964). Ten Little Niggers. London: The Crime Club. pp. 31–32.  Original nursery rhyme.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]