Dervano
Dervano | |
---|---|
Nacemento | milenioxuliano |
Falecemento | 636 |
Ocupación | Xefe tribal e gobernante |
Fillos | Arconte Desconhecido |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Dervano, tamén coñecido como Dervan, (en serbocroata, Drvan ou дрван, en latín Dervanus) foi un príncipe dos sorabos (serbios de Lusacia ou serbios brancos) e dos serbios durante o século VII. Foi o primeiro gobernante da tribo do que se coñece o nome.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Aparece citado na crónica de Fredegario como dux gente Surbiorum que ex genere Sclavinorum (gobernador do pobo dos sorabos, da nación dos esclavinios (eslavos); (en lingua soraba é Serby, e en lingua serbia Srbi).[1][2]
Segundo Fredegario, estivera subordinado aos francos durante longo tempo. Pero despois da derrota do rei franco Dagoberto I polo rei eslavo Samo na Batalla de Wogastisburgo, en 631 ou 632, Dervano declarouse independente dos francos e formou unha alianza co rei Samo para loitar contra os ávaros e os francos facendo, con Samo, a unión de todas as tribos eslavas.[3]
Dervano uniuse a Samo nas súas posteriores guerras contra os francos. Novos informes de Fredegario indican que Dervano e a súa xente vivían ao leste do saxón Saale.
A referencia a Dervano en 631/632 tamén é a primeira confirmación escrita da presenza dos eslavos ao norte de das Montañas Ore.
Dervano loitou contra os Thuringii (turinxios) en 631-634, e foi finalmente derrotado polo duque Randulf, gobernador de Turinxia, no 636.
Parece ser que foi o pai do Arconte descoñecido, mítico príncipe que liderou aos serbios na emigración para o sur en dirección aos Balcáns. Esta migración supostamente realizouse a petición do emperador bizantino Heraclio para axudalo na súa loita contra os ávaros.
Notas[editar | editar a fonte]
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Curta, Florin (2001): The Making of the Slavs: History and Archaeology of the Lower Danube Region, c. 500–700. Cambridge: Cambridge University Press. ISBN 0-521-80202-4.